Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017/18

 Para solicitar praza no comedor escolar ou no transporte escolar, deben presentarse as solicitudes en secretaria.

Descargar solicitude COMEDOR

Modelo de autodeclaración renta

Nota informativa

No que se refire ao transporte escolar, o prazo de presentación de solicitudes para o vindeiro curso escolar é dende o 16 de xuño ao 4 de xullo (inclusive).

Descargar solictude transporte escolar

OBRADOIROS PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO

ESTE MARTES O ALUMNADO VOLUNTARIO PUIDO DESFRUTAR DUN AGASALLO BEN MERECIDO COMO RECOÑECEMENTO Á LABOR QUE DESEMPEÑA NOS RECREOS AO LONGO DE TODO O CURSO ESCOLAR (e xa van catro).

25 ESCOLLIDOS (por sorteo) EXERCERON DE INVESTIGADORES NUN OBRADOIRO ARREDOR DA OBRA CONTOS POR PALABRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

E TODOS XUNTOS

(máis de 90 rapaces e rapazas)

COMPARTIRON UN OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS.

MOITAS GRAZAS A NEREA DO GRUPO XANDOBELA POR ACHEGARNOS ESTAS ACTIVIDADES E A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA POR FACELO POSIBLE.

E GRAZAS, SOBRE TODO, AO ALUMNADO VOLUNTARIO

QUE FOMENTA A LECTURA (e moito máis) NO NOSO CENTRO.

 

 

NORABOA VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS!

 A CONVOCATORIA DO PROGRAMA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

"VOLUNTARIADO DE LECTURA-A"

PARA ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RESOLVEU SELECCIONAR 8 CENTROS.

(VISTAS AS MEMORIAS DE ACTIVIDADES PRESENTADAS POR 52 DOS 56 CENTROS INSCRITOS NESTA INICIATIVA).

 

 

O NOSO CENTRO FOI UN DOS OITO SELECCIONADOS POLA GRAN LABOR QUE FAI O ALUMNADO VOLUNTARIO NAS DÚAS MODALIDADES QUE PARTICIPOU AO LONGO DO CURSO

  • COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA ESCOLAR (90)
  • LECTURAS DENTRO DO CENTRO (21)

 

O VINDEIRO MARTES, 6 DE XUÑO, O ALUMNADO VOLUNTARIO PODERÁ PARTICIPAR DE OBRADOIROS NO NOSO CENTRO A CARGO DO GRUPO XANDOBELA.

PODEDES COÑECER UN POUCO MÁIS TRABALLO DO ALUMNADO VOLUNTARIO

NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

 

PLAZOS XESTIÓN AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ABN

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESFRUTOU DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DE IAGO LÓPEZ,

AUTOR DA OBRA "O COCIÑEIRO MARTIÑO" (Editorial )Xerais.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xuño, inclusive.

SOLICITUDE

CIRCULAR INFORMATIVA

ORDE DO 16 DE MAIO DO 2017

O prazo de devolución de libros adquiridos coa axuda no curso 2016/17, remata o 23 de xuño. Quedarán excluídos da axuda os alumnos/as que non teñan entregados os libros no prazo estimado.

Os alumnos de 6º que promocionan ao IES Punta Candieira, deberán presentar a solicitude no IES.

LETRAS GALEGAS 2017

 FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS FACENDO UN PERCORRIDO POLA NOSA VILA AO MESMO TEMPO QUE DESCUBRIMOS A BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES.

Actividade organizada polos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega.

 


 
MARCOS, ALUMNO DE 4ºB, NOS EXPLICA COMO FOI A ACTIVIDADE
 

APADRIÑAMENTOS LECTORES E SEMENTEIRA DE LIBROS

UNHA VEZ MÁIS, AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS

NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA (e algo máis)

PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

AS RAPAZAS E RAPACES DE 2º DE BACHARELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA

EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.

O PRIMEIRO CONTACTO VIVÍRONO A SEMANA PASADA

A TRAVÉS DUN VÍDEO DE PRESENTACIÓN.

E HOXE PRODUCIUSE O ENCONTRO ENTRE MADRIÑAS/PADRIÑOS E AFILLADAS/OS,

CON INTERCAMBIO DE AGASALLOS, UNHA SEMENTEIRA DE LIBROS POLA VILA,

XOGOS, RISAS E, POR SUPOSTO,

LECTURA

  

"A BIBLIOTECA"

DESPOIS DE TANTO TEMPO AGARDANDO, AÍ COMPARTIMOS O VÍDEO DO DÍA DO LIBRO. 

DENDE AS BIBLIOTECAS DE CEDEIRA QUIXERAMOS AGRADECER, UNHA VEZ MÁIS, A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE ESE DÍA AMOSANDO UNHA VEZ MÁIS QUE XUNTOS É POSIBLE.

QUIXEMOS PLASMAR UN PERCORRIDO IMAXINARIO POLAS BIBLIOTECAS E POLA LECTURA PARA PÓR DE MANIFESTO QUE A EDUCACIÓN E A LECTURA FAN PERSOAS MÁIS COMPLETAS. QUE O FUTURO DOS PEQUENOS QUE INTERVEÑEN NESTE VÍDEO ESTÁ POR ESCRIBIR. FAGÁMOLO POSIBLE!

 

 

 

MENÚ MAIO

A VACA LOLA

As nais colaboran no proxecto "As vacas" cunha obra de títeres "A vaca Lola".

DESFILE ENTROIDO

CONTACONTOS SEGURIDADE VIAL

LAS PROVINCIAS

O VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA"

O ALUMNADO VOLUNTARIO DA NOSA BIBLIOTECA FAI UNHA LABOR MOI IMPORTANTE PARA QUE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POIDAN DESFRUTAR DA LECTURA (e moito máis) DURANTE OS RECREOS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO

NO QUE O ALUMNADO VOLUNTARIO DE QUINTO CURSO

NOS CONTA COUSAS MOI INTERESANTES.

 

 

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

HOXE FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR!

E QUE MELLOR MANEIRA QUE FACELO DA MAN DO NOSO "PADRIÑO",

CARLOS LABRAÑA,

QUEN QUIXO COMPARTIR CON NÓS ESTA DATA TAN ESPECIAL

ACHEGÁNDONOS O SEU ÚLTIMO LIBRO

 

AUDIONOVAS DE CEDEIRA 4ºB

Preme AQUÍ para descargar as audionovas.

Resultado de imagen de NIÑOS PERIODISTAS

OS/AS REPORTEIROS/AS INVESTIGADORES/AS  DE 4ºB

Distribuir contido


by Dr. Radut