O NOSO COMEDOR
Neste curso escolar, como xa anunciamos, apostamos nos nosos menús polo peixe fresco, e temos que agradecer a Pescadería Sara, a labor social que fai para o colexio, xa que suministra o peixe de calidade, fileteado e sen espiñas, a un prezo moi económico, e listo para que a nosa cociñeira Ángeles faga uns menús axeitados para levar a cabo unha dieta rica e equilibrada. Ademais, a Pescadería Sara, aportou gratuitamente 14-15 kilos de percebes para os nenos e nenas do comedor. Aínda que houbo algún que so os probou, a maioría desfrutou deste menú tan cedeirés.