Skip to main content

LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos,

a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de

Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno,

outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida!

Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos,

no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

 

NADAL INTERCENTROS #inclusión #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

O tempo de Nadal é unha época para coincidir, para convidar,

para estar xuntos e compartir o que temos con outros.

Así decidimos realizar un encontro entre o alumnado da Asociación Apader

e un dos sextos. Primeiro presentáronse, algúns xa se coñecen de coincidir pola vila,

outros xamais se viran, pero todos gozamos dun tempo xuntos realizando un

obradoiro moi doce típico do Nadal.

Ao remate, o alumnado de sexto explicoulles o funcionamento da nosa

Biblioteca Lía, non lles quedou detalle, probaron diversos recursos (ordenadores

táctiles, xogos, pantallas...) explicáronlles a CDU e quedamos en que virán facer empréstito.

Na seguinte a repazada de sexto irá ao centro de Apader

realizar un obradoiro ben chulo, que tamén ten que ver con libros!

 3 de decembro Día Internacional das Persoas con discapacidade,

todos somos iguais e todos diferentes, isto non é cousa dun día.

Por unha convivencia plena e normalizada.

 

 

 

 

 

GALLETAS NADAL #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A biblioteca leva todo o mes ulindo moi ben!

A razón é que a cociña non para! Desta volta tocaron

galletas cos Vagalumes de 2ºC. En grupos cooperativos

prepararon unha tanda de galletas para meter no forno,

arrefriaron un día e ao seguinte as embolsaron e adobiaron

cunha manualidade de nadal que xa tiñan preparada

e reservada para esta ocasión tan especial.

 

 

 

 

 

TEMPO DE NADAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a

realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición

oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto,

unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo,

que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da

xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana

de tradición oral de xeneración en xeneración.

 

 José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan

as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días.

A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo.

Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira,

de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos. 

A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos

por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse)

e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares,

as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara,

Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos

por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores.

Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a

unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte.

Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo.

Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están.

 Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Panxoliña e Canción.pdf339.9 KB

O APALPADOR #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Para comezar o mes do Nadal recibimos a visita do Apalpador.

Baixou a serras do Courel e achegouse ata

Cedeira para apalpar algunhas barriguiñas.

Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, 

 no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - MANUALIDADES STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Sabela Lourido e Javier Calvo agasállanos cun obradoiro de Nadal

 para o alumnado de 3 anos. Foi unha experiencia fermosa, dado a idade das

raparigas e raparigos, que aínda están por facer o seu 1º trimestre na escola.

Gracias por compartir felicidade, risas e momentos para o recordo.

Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, 

 no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS - FORMACIÓN DE USUARIOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agora é a quenda da comunidade educativa e os diferentes axentes sociais.

O vindeiro 15 de decembro, o voluntariado de 6º de primaria levará a cabo

unha formación de usuarios para as familias. Para realizar esta visita agradecemos

que vos apuntedes seguindo as indicacións do cartaz,

aínda que non queremos que ninguén quede sen facer a visita,

se é que pode vir no último momento.

A rapazada vos guiará pola Biblioteca Lía a través dunha presentación,

vos explicará que é a CDU, fará un mini xogo e vos acompañará a unha

visita guiada polas instalacións. A formación durará aproximadamente unha hora.

Esta formación é algo necesario e importante, as portas da biblioteca e da escola

ábrense ese día para que as familias coñezades un espazo cheo de recursos,

que alberga múltiples proxectos. Un espazo que é da rapazada pero tamén do pobo.

Esperamos vervos o 15 de decembro ás 12:30h. na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña".

 

 

 

 

 

 

ENERXÍA E XOGUETES - JAVIER CALVO NA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia

Javier Calvo agasállanos cos seus coñecementos sobre

electricidade e ofrece unha charla taller ao alumnado de 3º.

Enerxía e xoguetes próximos a unhas datas con tempo para investigar.

Unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, 

no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.