DÍA DAS BIBLIOTECAS #DíaDasBibliotecas #TecendoComunidades #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de quinto e sexto visita as bibliotecas da vila para
conmemorar o Día das Bibliotecas. Quinto acude á Biblioteca Municipal "López Cortón".
Sexto de primaria o fai á Biblioteca Escolar "Punta Candieira", do Ies.
Alí realizan catro obradoiros: radio, monicreques, make make e mímica.
Foi unha toma de contacto do que a rapazada gozou inmensamente.
Unha rapazada, que en breves, terá o Ies pola súa nova escola.
Ir facendo camiño é moi necesario. Agradecerlle a todo o equipo de biblioteca
do Ies e a Ángeles da biblioteca municipal a súa colaboración e axuda,
para acoller e ensinar espazos e actividades á nosa rapazada.
PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase
nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade
educativa é condición indispensable para arribar en bo porto.
Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo
cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma
parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.
Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical.
Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen
viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá:
cantamos cando xogamos, cando contamos contos ,
despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos,
forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.
Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical.
Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora,
queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca
e coa axuda inestimable de todos vosoutros.
Ao estar en vésperas do Tempo de Nadal e coa intención de ir preparando
os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa
memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte
cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTA ÁS FAMILIAS PROXECTO MÚSICA MAESTRO.pdf | 185.87 KB |
CABAZA CON SENSOR DE LUZ #poloscreativos #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas
O alumnado de 5º de E.P. crea unha cabaza con sensor
de luz para a exposición de cabazas do cuarto do Samaín.
Vaia chulada!
COCIÑANDO POLO SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas
Os Vagalumes preparan o seu xantar de Samaín,
pementos recheos e salchichas momia.
Dende a escrita da receita, pasando polo lavado, cortado,
preparación, posterior xantar e, por suposto, non menos
importante limpeza final dos espazos e recursos utilizados.
Ollade e se vos presta, copiade a receita!
Boo Samaín!!
EXPOSICIÓN FONDOS SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Pasádevos pola biblioteca ollar libros de medo,
de outono, bibliografía sobre o Samaín...
Recordade que temos dous escritores versados neste tema:
Rafael López Loureiro e Carlos Labraña.
Podedes comezar pola exposición e seguir polas estanterías,
ante calquera dúbida preguntade aos voluntarios e ao profesorado.
Boo Samaín!
ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA NA AULA - PLANTAS #AMInabiblio #bescolaresgal
O alumnado de 5º está rexistrando a súa información
sobre as plantas nun libro de lapelas (lapbook).
Primeiro se documentaron por medio dos libros e diversas páxinas
na internet, contrastaron esa información e mediante estes pequenos
expositores pretenden amosar o máis relevante.
Nestes vindeiros días realizarán unha exposición oral.
Compartimos o cartaz da semana AMI a proposta da UNESCO.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SEMANA AMI 2023 modelo 3 (1).pdf | 1.63 MB |
OBRADOIRO DE SAMAÍN #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas
Nestes días, o alumnado voluntario está levando a cabo un obradoiro
de Samaín no horario de lecer. Da gusto ver a axuda que lle prestan
ao resto dos compañeiros e compañeiras.
Estamos orgullosos do noso voluntariado!
Gozando das tradicións!
CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca,
sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado
Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.
Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional
que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS #Díaeuropeodaslinguas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O día 26 de setembro chegou unha carta as nosas aulas.
Unha carta cunha palabra escrita, unha verba un tanto estraña acompañada
dunhas personaxes moi "cómicas". Buscamos na rede que significaban
esas letras xuntas e en que idioma estaban escritas, resultou que era a palabra CÓMIC
en diferentes idiomas de Europa. E con todas estas palabras enchimos a cortiza
conmemorando a riqueza das linguas.
26 de setembro, Día internacional das linguas europeas
XII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS @ADEGAgz #LimpezaPraias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Para conmemorar a XII limpieza simultánea de praias,
os nenos e nenas de 2° e 3° de Educación Primaria, foron
a praia da Magdalena e os seus arredores
onde recolleron preto de cinco quilos de lixo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »