Skip to main content

Febreiro 2020

Aprender a investigar en 4º

O alunado de 4º de primaria na súa asignatura Aprender a investigar, programa os Mbots dende os ipads

para que realicen diferentes percorridos, acendan ou apaguen luces das cores asignadas na actividade... etc.

A tecnoloxía está en todas partes e as bibliotecas temos que ensinar a ler nos diferentes códigos que se presentan.

A motivación está asegurada.

 

Tertulias dialóxicas

Os Vagalumes xa están moi adiantados na lectura de "A increible historia da avoa ganster" de David Wallies.

 

Os nosos moderadores Miguel (aluno) e Diego (familiar adulto) darán remate á ultima tertulia dialóxica por este libro o luns 9 de marzo.

De seguro aparecerán unha manchea de novas proposta de lectura para dialogar, gozar e debater.

Agradecer ás familias a súa implicación.

Proxecto "Somos pediatras"

Neste segundo trimestre, os Vagalumes de 4º A, están realizando un miniproxecto que leva por título "Somos pediatras", coa intención de profundizar no estudo da nutrición e prevención de enfermidades comúns.

Para documentarse solicitaron a axuda dunha pediatra. Ana, a tía de Miguel García, foi a encargada de transmitir unha información moi valiosa.

Dende logo foi unha visita moi productiva, pois solventou dúas dúbidas de gran actualidade na vida cotiá da nosa vila:

- Por qué non temos sustituta ou sustituto de pediatría?

- Que pasa co coronavirus?

Agradecer que respondese a todas as dúbidas plantexadas e toda a preparación do material para a formación.

Dende a Biblioteca Carlos Labraña apoiamos "A revolta dos chupetes".

Aquí deixamos algunha información de interese.

Obradoiro "Deseña o teu contedor de plástico"

O alunado está rematando as súas creacións para participar no RECICREA.

Ampliouse o prazo de entrega das maquetas e debuxos ata o xoves 5 de marzo.

 

 

 

Onde vai a auga que usamos?

O Concello de Cedeira a través da súa técnica de Medio Ambiente ven de ofertar ao alunado de 4º, 5º e 6º unha charla sobre os sumidoiros e os seus coidados.


A vista da súa información, hoxe sabemos de tres hábitos que se están dando na nosa vila que perxudican en gran medida o coidado do noso saneamento.

Toallitas, bastoncillos para a limpeza dos oídos e aceite son eliminados no aseo ou lavados, dando lugar a grandes atascos na rede de augas residuais.


As superheroínas e os superheroes do medio ambiente serán os encargados de transmitir tan valiosa mensaxe a todas as casas e locais da vila.


Esta charla complementa o proxecto de Medio Ambiente "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"


Agradecer ao Concello de Cedeira e a Ana por transmitirnos tan valiosa información a través do seu programa: "A ría de Cedeira comeza no sumidoiro"

Noticia Concello

 

Grupos interactivos

Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos, onde as familias son voluntarias dentro dunha comunidade de aprendizaxe.

Neste curso o alunado está dividido en catro grupos cooperativos que van rotando cada vinte minutos e

resolvendo diferentes tarefas coa axuda dinamizadora dos adultos voluntarios.

Sendo a mestra a persoa que organiza a actividade e axuda a resolver dúbidas.

 

Esta actividade, ademáis de contar coa motivación absoluta do alunado, reduce os conflictos e aumenta a competencia curricular.


Agradecer a todos e cada un dos familiares, pois sen a súa boa vontade esta actividade non sería posible.

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

O ALUNADO DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DA MAN DO SEU MESTRE DE MÚSICA,

ALEJANDRO MIGUÉLEZ, DESEÑARON UNHA EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DE REFUGALLO.

A INTENCIÓN ERA IMPLICAR A RAPAZADA E AS FAMILIAS NA REALIZACIÓN DUN INSTRUMENTO

MUSICAL QUE SOARA E NO QUE OS SEUS MATERIAIS TIVESEN UN SEGUNDO USO.

 

ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCASE DENTRO DO PROXECTO "CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI?"

CONVIDAMOS A TODA A VILA A GOZAR DESTA EXPOSICIÓN, ALOXADA NA NOVA SALA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

PODEN ACUDIR TÓDOLOS DÍAS EN HORARIO DE 16:00 A 18:00 HORAS, SALVO O MARTES.

OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN

NESTE CURSO ESCOLAR, O VOLUNTARIADO FIXO UNHA PROPOSTA DE DESEÑO, ELABORACIÓN E REALIZACIÓN DE OBRADOIROS.

ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE ESTE TIPO DE RESPONSABILIDADES SON UNHA APOSTA CLARA PARA MEDRAR E MADURAR. ASÍ QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DEULLE PARA ADIANTE Á INICIATIVA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS.

A FALTA DE DOCUMENTACIÓN NA FASE DE ELABORACIÓN DOS OBRADOIROS NON NOS PERMITIU PUBLICAR OS ANTERIORES, PERO O QUE AGORA SE AMOSA NON É O PRIMEIRO NIN SERÁ O ÚLTIMO.

HAI QUE TER PRESENTE AS DIFICULTADES NA POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO, ESTE ALUNADO TIVO QUE SENTAR E POÑERSE DE ACORDO NO QUE REALIZAR, FACER BOCEXOS E PROBAS PARA CONTROLAR OS TEMPOS, FACER LISTADOS DE MATERIAIS NECESARIOS, PREPARAR CARTACES PARA PUBLICITALO E CADROS DE APUNTAMENTOS PARA AS NENAS E NENOS AOS QUE ÍA DIRIXIDO O OBRADOIRO E XA CONVOCADO LEVALO Á PRÁCTICA.

ESTAS SON AS EVIDENCIAS DO SEU TRABALLO.


NESTA OCASIÓN, ANDREA, UXÍA E LARA, SORPRENDÉRONOS CUN OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN!


PARABÉNS RAPAZAS!

CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI?

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA VILA CONTINUAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DO MEDIO AMBIENTE.

 

APOSTAMOS POLA RECICLAXE, PERO QUEREMOS DEIXAR CLARO QUE O MÁIS IMPORTANTE É A REDUCCIÓN DO USO DE CERTOS MATERIAIS, POR EXEMPLO O USO DO PLÁSTICO.

ASÍ ARGALLAMOS UN CONCURSO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.


OLLADE AS BASES AO FINAL DA ENTRADA.

 

DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA PROPUXEMOS UN OBRADOIRO, TODOS OS VENRES, PARA QUEN DESEXE REALIZAR BOCEXOS E MAQUETAS NA XORNADA DO RECREO.

MOITA SORTE A TODAS E TODOS!

RECREOS NA BIBLIO!

O VOLUNTARIADO ACOMPAÑA, GUÍA E ASESORA A TODO O ALUNADO NOS RECREO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

PARABÉNS RAPAZADA!

A VOSA LABOR É FANTÁSTICA!!