Skip to main content

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2023 - 2024 #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agradecemos que tanto alumnado, familias ou profesorado cumprimente

a enquisa para poder mellorar nas labores da biblioteca escolar.

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na fin do curso escolar tivemos o pracer de escoitar a Tom Leimdorfer,

traducido por Karen. O seu libro "Cando eu tiña a túa idade", un relato en

primeira persoa sobre as súas vivencias no Holocausto.

Historia que perdurará en audio, no noso catálogo, para cando quen queira

decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena, mestras/es e xente

da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e  as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

Gracias Tom e Karen por compartir tanto connosco!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo

e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras,

antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos...

Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se

tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas,

contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver

a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola

que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor

á terra e ás súas xentes!

De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada,

o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.

 

 

 

 

 

 

 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES - IES E 3 ANOS E.I. #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


Unha das actividades de lectura Plambe máis tenras é o

Apadriñamento Lector, co alumnado de 3 anos e o do Instituto.

Nesta ocasión, os padriños e madriñas foi o alumnado de 1º de Bac.

de Artes Escénicas. As crianzas, de 3 anos este curso propuxeron ser

elas e eles os que visitasen aos seus padriños no instituto e aló foron,

coñecéronse en persoa, conversaron e despois leron os seus libros favoritos.

Xa pasada media xornada estaban preparados para compartir xuntos lecturas

con toda a vila. Así que achegáronse ata San Isidro e sementaron contos,

libros, historias... e moitas risas, para que calquera bo lector, pequeno ou grande,

leve ese libro e o lea, co mesmo cariño que eles o deixaron. Despois queda co

compromiso de volver sementalo, pois a lectura hai que espallala. Gracias a

padriños e apadriñados por tanta tenrura, verbas e risas.

Os lazos que onte creastes que vos duren sempre!


 Clica aquí para ver o vídeo.

 

 

 

 

ESTREA "LULA PERDEU A LUZ" #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

"Lula perdeu a luz" un excelente traballo dos Vagalumes de 2º C, 

na materia de lingua galega e plástica con duración dun curso escolar.

Agradecer a tódalas persoas que dalgún xeito fixeron

posible que os Vagalumes brilaran en todo o seu explendor.

Inmensos parabéns aos Vagalumes!! Sodes especiais! Uns artistas!

 

 

 

 

 

ESTREA O SISTEMA SOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Sistema Solar fermoso traballo do alumnado de 2ºB e 2ºA.

Moitos parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

 

ESTREA O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

"O Rato Pérez" fermoso traballo do alumnado de 3º C.

Moitos parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

 

 

JOSÉ ANTONIO SUÁREZ ANEIROS #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental

José Antonio Suárez Aneiros, escritor de diversos libros, entre eles:

"A música popular en Cedeira e no noso cortorno", músico e  un

documento vivo;  estivo nas radios escolares respondendo a tódalas

preguntas do alumnado. A historia musical de Cedeira remóntase a

Don Gerardo Villabrille que fundou a Banda Vella, a finais do século XIX,

Don Gerardo tocaba o armonio... Seguide escoitando o programa das Radios Escolares!