Skip to main content

CURTAMETRAXE "E TI....VAS Á MODA?"

No Ceip Nicolás del Río fixemos unha curtametraxe titulada "E ti... vas á moda?" na que participaron os nosos alumnos e alumnas, ademáis doutros actores secundarios. Esperamos que vos guste, aínda que non somos profesionais fixémolo coas nosas posibilidades, e damos a gracias a todas as persoas que colaboraron no video. Preme aquí para ver o video.

A MASCOTA DA BIBLIOTECA!!!!

XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA

Os nenos que quixeron participaron no concurso para elixir mascota do cole.

Participaron nenos de diferentes idades debuxando cada un un percebe.

Votouse a partir de duas eleccións, a primeira votárona os profesores do equipo  da biblioteca, e a segunda os nenos do voluntariado da biblioteca deste trimestre.

Os finalistas foron oito e o gañador deses oito foi o debuxo feito por

Maria Candelaria Santana Santamaría, de 6ºB

Nome dos debuxantes finalistas:

  • Agus 1ºA
  • Sergio Casas 6ºA
  • Juan Fran 6ºB
  • Mailen Marín Fernández 1ºC
  • Samuel 5ºA
  • Iago 5ºB
  • Elías Pérez Lorenzo 4ºB

DESPEDIDA DOS PRIMEIROS COLABORADORES

Posted in

Os colaboradores da BIBLIOTECA do 1º trimestre remataron o seu traballo cun video de despedida onde lles fixemos unha pequena entrevista.

Podes ver o video abaixo premendo en PLAY. Para descargar aquí.

 

FEIRA DOS LIBROS

A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video.