Skip to main content

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa están de camiño.


Xa viaxan polos fogares do alumnado de 5 anos, 3º de Primaria e 6º.

Conteñen libros, revistas, música e películas; en galego, castelán e inglés.

Axudarán a coñecer lugares próximos, a facer traballos manuais, cantar cos máis famosos, gozar da maxia dos deportes…

Agora toca desfrutar delas en familia e compartir esa experiencia no

diario da mochila.

ROMANCE DO SAMAÍN - 5 ANOS A

IV FEIRA DOS LIBROS

O martes 21 de abril comeza a IV Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río

Catálogo de libros da biblioteca

Posted in

Accede ao noso catálogo de fondos aquí

Recreos na biblioteca

A nosa biblioteca escolar abre as súas portas tamén nos recreos para todo o alumnado que queira facer uso dela neste período de lecer. Algúns nenos e nenas veñen a ler, outros a mirar as novidades e algún ven co seu portatil de abalar para acceder a internet ou facer traballos. Un dos nosos obxectivos é ampliar a biblioteca escolar, e convertila nun verdadeiro centro de recursos para os procesos de ensinanza-aprendizaxe do noso alumnado.

CONCURSO MARCAPÁXINAS

O xoves 19 de xuño entregáronse na Biblioteca Municipal os premios aos gañadores do Concurso de Marcapáxinas co motivo das Letras Galegas. O tema dos  marcapáxinas foi "Cedeira" (lugares, paisaxes, monumentos...). O Concello editará carteis e os marcapáxinas gañadores, que se repartirán entre o alumnado do centro no vindeiro curso. Ver noticia, noticia1.