CONCURSO-EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Exposición de cabazas, túnel do terror, conxuro, contacontos por xentileza da ANPA, visita da Santa a Compaña, premios... vaia mañá máis divertida. PASÁMOLO DE MEDO!
Moitas grazas a todas as familias por colaborar.
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025
Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.
Durante o curso escolar 2024/2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
De non cubrirse as prazas con pais, nais, titores/as legais e acolledores/as familiares dos escolares do centro, abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares do alumnado comensal, ex-colaboradores deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa, así como persoal que participe en programas de voluntariado social.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025
No DOG do 20 de Maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.
- FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria.
- AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnado con necesidades educativas especiais, con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.
- MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 10.000€.
O alumnado de 5º e 6º de EP, que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/2025 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
O prazo para presentación da solicitude é ata o 21 de xuño de 2024. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025
O día 1 de marzo de 2024 abre o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025. Para máis información poden consultar a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro que regula o procedemento de admisión do alumnado.