APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024/2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

De non cubrirse as prazas con pais, nais, titores/as legais e acolledores/as familiares dos escolares do centro, abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares do alumnado comensal, ex-colaboradores deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa, así como persoal que participe en programas de voluntariado social.