Chegou unha das épocas que máis nos gusta do ano, o Samaín, e veu cargadiño de actividades. IX Edición de Lecturas Terróficas que como sempre comeza cunha exposición na biblioteca de lecturas propias desta temática e ademais durante unha semana as diferentes clases participaron con actuacións tan terroríficas como a representación do conto "A figueira de pelostortos" dos alumnos e alumnas de 5º de E.P., a canción dos esqueletos de 6º E.I... podedes ver un resumo de todas elas no blogue da biblioteca.
Ademais as familias participaron na creación das cabazas, coa novidade deste ano de que todas tiñan que estar inspiradas no tema mariñeiro e saíron auténticas marabillas, podedes ver un resumo de todas elas premendo no seguinte enlace: cabazas mariñeiras.