Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

FIN DE CURSO

FESTA MUNICIPAL DA CONVIVENCIA 2017

O xoves 22 de xuño festexamos o Día de convivencia xunto co CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño e o CRA Nosa Señora do Faro. Pasámolo en grande coas diversas colchonetas e todas as actividades que estaban programadas, e agradecer a merenda ofrecida pola ANPA de Buño. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: xornada de convivencia.

EMOCIONARTE

FESTIVAL DAS LETRAS 2017

Un ano máis celebrarmos o noso tradicional Festival das Letras. Este ano adicadas as Letras Galegas a Carlos Casares tivemos adaptacións teatrais da súa obra, resumo da súa biografía... pero non esquecimos tampouco a Rosalía de Castro sempre presente nos nosos actos e tamén a Eduardo Pondal xa que este ano era o centenario da súa morte. Podedes ver un resumo de todo este traballo nun vídeo resumo no blogue da biblioteca.

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN 2017/18

O luns 29 de maio ás 16:00h , todas as familias do alumnado de nova incorporación de Educación Infantil, están convocadas a unha reunión que terá lugar no centro, e na que se entregará a documentación pertinente, farase un percorrido por todas as instalacións e informaremos sobre os aspectos educativos que definen a nosa labor.

DÍA DO LIBRO

Comezamos o mes das Letras no CEIP Milladoiro é unha das primeiras actividades que realizamos é o Apadriñamento Lector.  Os maiores buscan un sitio no patio para contarlles un conto aos seus afillados, cos que previamente tiveron unha conversa lectora. É unha actividade que lles encanta e podedes ver un vídeo resumo no blogue da biblioteca.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/2019

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PARA O CURSO 2018-2019 ABRIRASE AO LONGO DE TODO O MES DE XUÑO DO 2018.

A documentación necesaria para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Certificado de residencia (solicítase no Concello).
  • Informe médico sanitario (SÓ SE PADECE ALGUNHA MINUSVALÍA).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia das vacinacións.
  • Foto tamaño carnet.

ENTROIDO 2017

O pasado venres, 24 de febreiro, festexamos o noso día grande do entroido no Ceip Milladoiro. Cada unha das clases elexiu un disfraz relacionado coa nosa PDI, Pintamos moito! o que deu un resultado moi colorido. Podedes ver un resumo deste día no blogue da biblioteca.

DÍA DA PAZ

O luns 30 de xaneiro conmemoramos o  Día da PAZ. Este ano traballamos o aspecto da inclusión e aprendimos esta canción de Magín Blanco en lingua de signos baixando a cantala todos xuntos o patio. Podedes ver un resumo da actividade no blogue da biblioteca.

Ademais no ciclo de Educación Infantil tamén quixemos conmemorar o Día da Paz co noso mural particular, onde facemos maxia para que a paz se faga e da nosa chistera salen pombas con mensaxes de Paz.

VENRES ROBÓTICOS

O CEIP MILLADOIRO está sumerxido no Proxecto escornabots na biblioteca escolar e todos os venres os alumnos e alumnas de Educación Primaria que o desexen acuden a un taller de escornabots, impartido pola mestra Marta Couto, na biblioteca escolar. Primeiramente os maiores tiveron que facer toda a montaxe e unha vez listo aprenden con eles o resto de nenos e nenas con miles de actividades, por exemplo para o Día da Paz, co mapa do mundo... podedes ver un resumo delas no blogue da biblioteca. Tamén os máis pequenos iniciáronse neste novo mundo da robótica e podedes ver algunha das actividades no seu blogue cativiños do milladoiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut