Dende o Equipo de TICs queremos lembrar que para navegar pola Rede hai que ter moi presentes os seguintes puntos do Código Cyberético:
- Gardarei os meus contrasinais e datos persoais coma información confidencial. Non compartirei estos datos con ninguén máis que non sexan os meus pais.
- Non entregarei información persoal (enderezos, teléfono, rutas, etc.) a descoñecidos na Rede; e cando algún sitio a pida consultarei antes cos meus pais ou adultos cercanos.
- Cada vez que empregue material na Internet (libros, revistas, imaxes, etc.) debo citar ao autor ou o sitio onde obtiven a información.
- Usarei os contidos da Internet para crear os meus propios materiais e compartilos cos meus amigos.
- Non contestarei mensaxes que me fagan sentir incómodo/a ou asustado/a. De ocorrer falareino cos meus pais.
- Non abrirei arquivos que estean adxuntos en mensaxes de descoñecidos e non contestarei nin reenviarei "spam" ou mensaxes lixo.
- Ensinareille aos meus pais todo o que aprenda nos sitios que visite e as ferramentas ou programas que utilice.