Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

NOVIDADES

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións para os centros:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas. Podedes consultar todas as medidas establecidas no DOG do 15 de marzo.

Para atención ás familias e ao alumnado cada titor/a estableceu a vía de comunicación non presencial das que dispoñe o centro que considerou oportuna, recordando que moitos deles empregarán os blogues de cada ciclo para colgar diferente material (dende o da biblioteca  podedes acceder a cada un deles).

Recordamos o email do centro: ceip.milladoiro@edu.xunta.es e os teléfonos: 881 880 736 e 881 880 737,pola limitación dos desplazamentos establecidos no Real Decreto.

Comunicado Oficial

En aplicación da RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, o CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños suspenderá todas as actividades lectivas para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo do 2020. Se todo vai segundo o previsto e non se produce novidade algunha, as aulas reanudaríanse o luns 30 de Marzo.

Cada titor/a establecerá as canles de comunicación pertinentes para a distribución de traballo, podendo tamén dirixir as vosas dúbidas ao correo do centro (ceip.milladoiro@edu.xunta.gal) ou o teléfono. O centro permanecerá aberto en horario normal.

Todas as novidades que se produzan ao respecto colgarémolas na páxina web e nos diferentes blogues.

Podedes consultar as últimas INSTRUCCIÓNS da Consellería de Educación premendo no enlace.

A dirección.

Prazo de admisión curso 2020/21

NOVIDADE PRAZO DE ADMISIÓN

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Nos seguintes documentos adxuntos poderán descargar as instrucións e o formulario de admisión.

Se queren vir ver o colexio, estamos de Xornada de Portas Abertas o 27 e 28 de Febreiro de 10:00 a 13:00.

Lembrade!

O vindeiro luns día 4 de Novembro NON HABERÁ CLASE por ser festivo escollido polo centro.

Enviamos xa unha nota polo alumnado.

 

LISTAXE DEFINITIVO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/20

Premendo no seguinte enlace tedes a resolución da listaxe definitiva da adxudicación de libros para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que tamén podedes consultar no taboleiro do centro. Para coñecer a concesión dos vales de material escolar e os vales de axuda para adquisición de libros de texto do alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria debedes pasar pola dirección do centro.

Vacantes Comedor Escolar 19/20

Comunicamos que no servizo complementario de Comedor Escolar dispoñemos de 9 prazas vacantes para o vindeiro curso 2019/20.

Pódense solicitar ata o vindeiro 27 do presente mes de Xuño

Fondo solidario de Libros de texto

Convocatroia do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2019_20 no DOG de onte (20 de Maio de 2019)

O prazo de presentación comezou o día de onte e rematará o 21 de xuño.

Poden beneficiarse deste fondo:

Aquelas familias con alumnado matriculado nos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se detallan:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

ADMISIÓN DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2019/20

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/20

Prazo aberto ao longo de todo o mes de xuño 2019.

Picando nos seguintes enlaces poderán descargar os formularios e documentación necesaria:

DIA DO LIBRO 2019

Este ano para festexar o Día do Libro enchemos o noso pobo de flores e libros. Os máis pequenos estiveron no parque acompañados por alumnos/as do IES Urbano Lugrís que lles leron contos neste día tan especial e os maiores repartiron caraveis e libros a todos os veciños e veciñas da vila. Podedes ver todas as imaxes premendo no blogue da biblioteca.

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA DO S.XXI: LEOLAB

O pasado 12 de abril inauguramos as novas instalacións da nosa biblioteca escolar, un equipamento dentro da segunda fase do PLAN LIA. Este evento tan importante para esta comunidade educativa compartímolo o día anterior con tódalas familias e os seus fillos e fillas e hoxe con: O Sr. Inspector, os Srs. Asesores de Bibliotecas Escolares, o Sr. Alcalde, os membros do Consello escolar, as nais que forman a Xunta Directiva da ANPA, os empresarios que fixeron a obra nova, os padriños do noso laboratorio de cociña que xa inauguraramos hai dous anos, os directores dos coles do concello e un grupo de escolares de 6º. Foi unha xornada especialísima para nós e podedes ver unha reportaxe completa nas diferentes entradas do blogue da bibliotecaGrazas a tod@s cantos fixeron posible este equipamento que coloca a educación de Malpica no s.XXI!

Distribuir contido


by Dr. Radut