Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

Distribución de máscaras

Según a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, ábrese o prazo para presentar solicitudes de adquisición de máscaras.

Esta axuda vai dirixida ao alumnado matriculado en Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial: 

1. Fora beneficiario da axuda para adquirir material escolar (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE).

2. Non fora beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 EUROS.

b) Esté matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Non terán que presentar a solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Para o resto das familias o prazo de presentación é do 15 ao 26 de novembro e tedes toda a información na sede electrónica, onde tamén podedes descargar o formulario ou pedilo no centro.

Podedes descargar o impreso no seguinte enlace: Anexo I e Anexo II.

Protocolo COVID-19 CURSO 21/22

Seguindo as últimas instrucións publicadas pola Consellería de Educación o pasado 1 de setembro, nas que inclúen unha guía resumo e un modelo de declaración responsable para as familias (que podedes consultar premendo no seguinte enlace: instrucións), adaptamos o protocolo do noso centro a estas últimas esixencias.

 

VOLTA ÁS AULAS

Prazas para Comedores Escolares para o Curso 2021-22

Publicada as Instruccións 3/2021, da secretaría xeral técnica da consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de Xestión Indirecta no curso escolar 2021-2022, que podedes consultar premendo no seguinte enlace: Instruccións de comedor, establécese o seguinte prazo para solicitar praza de comedor.

DO 1 AO 10 DE XULLO

A orde de preferencia par adxudicación de prazas será a seguinte:

1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 1/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2021-2022.

3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes. 

4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.

6. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.

7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado. 

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 os centros farán chegar ás familias dos comensais admitidos provisionalmente ao comedor o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución, autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos ata o 08/09/2021.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS

Chamamento a unha reunión en xuño para as familias do alumnado que, o vindeiro curso escolar 2021/2022, se incorpora ó noso centro educativo no nivel 4º de Educación infantil.

PARA O CURSO 2021-2022 ABRIRASE AO LONGO DE TODO O MES DE XUÑO DO 2021.

A documentación necesaria para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Certificado de residencia (solicítase no Concello).
  • Informe médico sanitario (SÓ SE PADECE ALGUNHA MINUSVALÍA).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia das vacinacións.
  • Foto tamaño carnet.

XORNADA PORTAS ABERTAS 2021

Vinde coñerecer o noso centro na Xornada de Portas Abertas que terá lugar o 25 e o 26 de Febreiro en horario de15:30 a 18:00 con cita previa para que poidamos cumprir con todas as medidas de seguridade. Podedes visualizar tamén o vídeo de presentación premendo no seguinte enlace: bemilladoiro.

Bo Nadal e Feliz 2021!

Blogues do centro

A seguinte listaxe recolle os blogs e sitios nos que a nosa pequena comunidade educativa realiza publicacións para a súa difusión e autoavaliación. Cada blog contén no menú superior diversas lapelas con máis contidos.

- Blogue da biblioteca: biblioteca escolar.milladoiro.malpica

- Blogue de Dinamización da Lingua: DígochoEU!

- Sitio de Radio na Biblio: Radio Balea

- Blogue dos Laboratorios de Aprendizaxe: BE-LeoLab

- Blogue de libros, lecturas e producións propias: Leo le...

- Blogue de Educación Infantil: Cativiños do Milladoiro

- Blogue de 1º e 2º de Educación Primaria: Pícaros do Milladoiro

- Blogue de 3º e 4º de Educación Primaria: Baleatos

- Blogue de 5º e 6º de Educación Primaria: O 3º milladoiro malpicán

- Blogue do PDI 2019/21: Visión 3C

- Blogue do PDI 2021/23: NÓS

- Blogue do PDI 2023/25: "Medicus curat natura sanat"

Protocolo COVID-19

Seguindo as últimas instrucións publicadas pola Consellería de Educación o pasado 16 de setembro, nas que inclúen unha guía resumo e un modelo de declaración responsable para as familias (que podedes consultar premendo no seguinte enlace: instrucións), adaptamos o protocolo do noso centro a estas últimas esixencias.

Inicio de curso 2020-2021

4º de Educación Infantil seguirá o período de adaptación indicado para cada unha das familias.

5º e 6º de Educación Infantil o luns 14 de setembro entrarán tamén un pouco máis tarde para organizar á entrada 9:30 a 13:00, a partir do martes xa virán en horario normal.

Recordar que as SAÍDAS adiántase un cuarto de hora para Educación Infantil e 10 minutos para 1º, 2º e 3º Educación Primaira, para evitar aglomeracións nas mesmas.

Distribuir contido


by Dr. Radut