Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

Plan proxecta: O sabor da aventura está no mar

Como xa sabedes no centro estamos traballando o Plan Proxecta: O sabor da aventura está no mar, dedicado ó saudable que é comer pescados e mariscos, e o martes 20 de febreiro tivemos no centro unha sesión na que puidemos aprender algo máis sobre algunhas especies mariñas, algunhas formas de pesca, oficios asociados e a importancia que ten o peixe e o marisco dentro das nosas dietas… Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas. Ademais coñecimos a uns grandes superheroes, cadanseu co seu superpoder!!!. Regaláronnos unhas gorras e un conto con varios recursos. 

Se pinchades na foto poderedes ver un resumo da xornada

E se queredes coñecer ou saber máis das aventuras dos nosos novos amigos podedes facelo no seguinte enlace http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/es

O sabor da aventura está no mar

O pasado venres os escolares de 5º e 6º achegáronse a Laxe dentro das actividades do Plan Proxecta. A idea era visitar o porto, a lonxa, o Museo do Mar e ter un taller de degustación de alimentos saborosos elaborados con peixe.
Un éxito. Aínda que a choiva acompañou toooodo o día!
Pero non nos quitou o placer de seguir aprendendo.

Picando na imaxe podedes acceder ás imaxes dese día: 

Entroido

Xa están aquí as imaxes do que foi a nosa celebración do entroido escolar. Como xa sabedes o título foi Un mar de contos por relacionamos cada comparsa cunha lectura que tiña como escenario o mar, enlazando así co noso Proxecto Documental Integrado Anual.

Picando na seguinte imaxe podedes acceder a un vídeo resumo: 

Día Mundial da Radio

Como sabedes, o noso centro foi seleccionado pola Consellería para formar parte da rede de Radios Escolares.
E xa temos a nosa primeira emisión: convidounos Rede Espora a participar na emisión internacional dedicada este ano ás mulleres deportistas
Do noso centro participou, como locutora Paula Veiga, alumna de 6º de Primaria. Velaí a pista: 

Día da PAZ

Como tódolos anos no CEIP Milladoiro, celebramos no centro A semana da Paz.  Estivo cargada de actividades para conmemorar o día da Paz, que foi o 30 de Xaneiro.

Durante todos os días da semana, en tódalas aulas do centro, os mestres/as léronnos libros coa temática da paz. Excepto o martes, o propio día da Paz, no que todos xuntos, baixamos o patio a cantar a canción de Macaco “Mensajes del agua”. Foi un día estupendo no que disfrutamos moito sentíndonos como artistas de verdade, ata fixemos un bis!!.

Se picades na foto podedes ver un resumo

IV Concurso de Traballos por Proxectos

O noso centro foi premiado pola Consellería de Educación no IV CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, polo noso proxecto bianual PINTAMOS MOITO!

Podedes recordar o que foron estes dous anos de traballo visitando o noso blogue ou vendo un video-resumo picando na seguinte imaxe. 

BO NADAL E FELIZ 2018

NADAL 2017

Rematamos este primer trimestre con os festexos de Nadal. Primeiramente estivo no noso centro o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para entregar o Premio do Concurso de debuxo de Nadal que foi para Tritán Shurick de 5º Educación Primaria. O mércores recibimos a visita dos Reis Magos, onde os máis pequenos entregáronlle as súas cartas e contáronlles o ben que se portaran. E o xoves festexamos a chegada do Nadal cunha actuación no centro cívico por parte da compañía A xanela de Maxín, co espectáculo O murmurio do mar, seguido por unha merenda de cholocate con churros ofrecida pola ANPA.

RADIO ESCOLAR

Consellería ven de facer público o listado de centros seleccionados para participar no Proxecto: Radio Escolar.

E aí estamos! 
 

Somos 20 centros de toda Galicia e, formar parte dese grupo é algo que nos satisface moito polas fiestras que se nos abren. Procuraremos, co traballo diario, estar á altura.

Distribuir contido


by Dr. Radut