Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

2ª versión Protocolo COVID-19

Atendendo á Orde do 28 de agosto do 2020, modificamos o noso protocolo de adaptación ao COVID-19, sendo unha das principais medidas incorporadas o uso obrigatorio da máscara para os nenos/as maiores de 6 anos durante todo o período lectivo.

Protocolo COVID-19 (provisional) CEIP Milladoiro

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos a nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaboramos o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documnento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Non incluímos o anuncio da obrigatoriedade de uso de máscara para os nenos/as maiores de 6 anos porque é unha proposta de Galicia para a reunión do 27 de agosto das comunidades autónomas.

O protocolo podedes consultalo no seguinte enlace, que inclúe nos anexos o plan de contención e o plan de acollida. Tamén podedes consultar un resumo que presentaremos ás familias nas reunións de inicio de curso que se celebrarán antes do comezo das clases.

- Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/21.

- Resumo do plan de adaptación.

A día de hoxe as instrucción son as de comezar as clases de maneira presencial o 10 de setembro todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria, estando pendente da evolución da pandemia e do que ditaminen as autoridades sanitarias. Polo que adxuntamos o noso calendario escolar que desexamos poder cumprir (faltarían os dous días non lectivos elexidos polos claustro).

Para resolver calqueira dúbida a partir da próxima semana podedes chamarnos por teléfono ao centro ou enviarnos un correo electrónico: ceip.milladoiro@edu.xunta.gal.

Organización curso 2024/25

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO CEIP MILLADOIRO 

CURSO 2024/25

Defínese o período de adaptación como o período de tempo que transcorre desde que o neno/a se incorpora á escola ata que está integrado no seu grupo-clase. Pode ademais considerarse como o proceso mediante o cal o neno/a vai superando de forma positiva o conflito que lle ocasiona a separación da familia e o enfrontamento cun novo medio social.

Os obxectivos principais durante este período son:

  1. Para o neno/a: aceptar o novo espazo e ser capaz de moverse nel libremente; explorar o novo material; adaptarse ás rutinas; comprender e recordar as normas e pautas que a mestra vai establecendo; admitir progresivamente a separación dos seus pais e establecer vínculos de afectividade cos demais nenos/as e coa mestra.

  2. Para o pai/nai: superar a angustia da separación; confiar no equipo docente; despedirse do seu fillo/a sen enganos e seguridade e coñecer e valorar o período polo que pasa o neno/a.

  3. Para a mestra: amosar unha actitude receptiva a cada alumno/a;  permitir que os nenos/as coñezan o centro e exploren os materiais existentes na aula; programar actividades atractivas; coñecer ao grupo a través da observación, recollendo datos como as preferencias, os intereses, a capacidade de razoamento, a linguaxe, a autonomía, a iniciativa...

O horario de permanencia do centro irá aumentando gradualmente, xa que durante este tempo o máis normal e que xurdan altibaixos e sentimentos contrastados. Cada neno/a precisa dun tempo diferente para adaptarse. 

Por outra banda, tamén é moi importante a recollida de información  sobre os nenos/as e sobre o seu ambiente familiar. Así obsérvase: a actitude que mostra na chegada; a relación cos espazos; a relación cos obxectos; a relación con outros nenos/as. Estableceremos diferentes quendas para ter unha reunión individual con cada un dos pais/nais para comentar a información recollida no cuestionario inicial.

Durante este período podedes entrar ata a porta de psicomotricidade tanto na entrada como na saída. Despois do período de adaptación xa non se pode entrar no centro, soamente seguindo o protocolo establecido, deixando aos nenos/as na porta lateral para entrada e recolléndoos á saída na cancela principal de abaixo.

RECOMENDACIÓNS PARA O PERIODO DE ADAPTACIÓN

Listaxe definitivo FondoLibros 2019/20

Podedes consultar a listaxe de Libros Definitivo do FondoLibros 2020/21, podedes pasar bucar os cheques e firmar o préstamo de libros o próximo luns 6 de xullo e martes 7 en horario de mañá, como xa avisamos debido as circunstancias excepcionais deste  cursos todos os alumnos/as terán en préstamo os libros de texto:

Comedor Escolar. Curso 20/21

A Consellería convouco xa as prazas de comedor para o vindeiro curso en idénticas condicións de cursos antriores, salvo cambios sobrevidos.

As familias que solicitaron prazza poden formalizala cubrindo os arquivos adxu7ntos e facéndoos chegar ao centro ven presoalmente bven por vía electrónica. Ata o 8 de Xullo.

Lembrámos que hai prazas libres e que se poden solicitar.

Cambio de datas Fondo Libros

Debido ao cambio das datas de matrícula, este ano do 1 ao 10 de xullo, non podemos xerar antes as listas do prèstamo de libros, tendo que cambiar as mesmas, quedando:

- 3 de xullo publicación das listas provisionais.

- 6 de xullo publicación das listas definitivas.

- 6 e 7 de xullo entrega de cheques en horario de mañá.

De 3° a 6° de E.P. haberá libros de texto para todo o alumnado

Comedor Escolar. Curso 20/21

Xa están publicadas as instruccións polas que se rexerá o servizo complementario de comedor escolar no vindeiro curso.

Segundo a propia Consellería, son normas que poden sufrir variacións en calquera momento segundo se presenten as circunstancias sanitarias.

De momento, as normas son idénticas ás de cursos anteriores, sen que poidamos aclararvos nada máis.

Neste momento dispoñemos de 

11 vacantes

As familias que estedes interesadas, podedes chamar ao centro e darémosvos instruccións.

A Dirección

Despedida curso 2019/2020

Queridas familias:

Cando planificamos o curso procuramos sempre ter en conta múltiples escenarios pois a experiencia xa nos ten demostrado que a realidade é viva, múltiple, caprichosa e  sempre nos sorprende.

Pero nunca, nunca… nin no peor dos nosos pesadelos, imaxinamos un escenario como o que nos tocou vivir dun día para outro a partir daquel 13 de Marzo.

Pasados os meses e chegados a porto, atracamos. E facémolo coa idea de ternos visto envoltos nunha tempestade enorme, nunha galerna que nos desarbolou, que nos obligou a ponernos á capa, que desperdigou a flota á que creíamos pertencer e que,  como dixo o poeta Manuel Antonio:

...Fomos ficando sós
o Mar o barco e máis nós...

Pero somos fortes, somos rexos, somos xente de mar e, contra vento e marea, esta Comunidade Educativa estivo á altura facendo entre todos un círculo de seguridade para coidar dos noso nenos e nenas: as familias asumindo o rol principal na motivación dos fillos e fillas, o profesorado traballando na distancia e esforzándose por manter os vínculos con cada un e con todos ao tempo que intentábamos poñer unas gotiñas de normalidade na vida dos rapaces, o concello achegando materiais ás familias máis inaccesibles e canalizando  as conexións a internet.

Así que:  GRAZAS E PARABÉNS!

Queda agora por diante un máis que merecido descanso. Pero non esquezades a prudencia porque o motivo que nos fixo cambiar de vida tan drásticamente aínda segue entre nós e teremos que manter aínda durante moito tempo a conducta disciplinada e responsable que nos caracterizou durante estes tres meses.

Eu aproveito para despedirme de todos vós.  Despois de máis de cuarenta anos de profesión, o vindeiro 1 de setembro xa non sairei ao mar con vós, quedarei en terra pero seguirei de cerca todas as vosas travesías e agardereivos expectante cada marea para saber como vos foi. 

Sempre poderedes contar comigo.

Olga

directora

ADMISIÓN DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2020/21

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/21

Prazo aberto ao longo de todo o mes de xuño e ata o 10 de xullo de 2020.

Picando nos seguintes enlaces poderán descargar os formularios e documentación necesaria:

Distribuir contido


by Dr. Radut