Coa finalidade de axudar ás familias establécese unha nova liña de axudas para a adquisición de material escolar e a participación no fondo solidario de libros, quedando as bases recollidas na ORDE do 9 de maio do 2018 (pódese consultar premendo enriba da orde).
Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2018/19 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.
Os formularios de solicitude poderán descargalo en formato PDF no seguinte enlace:
- Formulario de participación.
DATAS:
|
CALENDARIO |
19-21 Xuño |
Devolución de libros de texto |
22 Xuño |
Remata prazo de solicitude |
30 Xuño |
Publicación listaxe provisional (indicando causa de exclusión) |
4 Xullo |
Publicación listaxe definitiva |
5 e 6 Xullo |
Entrega de cheques |