Aquí vos deixo a crónica que fixeron Yago Caeiro e Anxo Teruel, dous alumnos de 6º, sobre a viaxe.
O mércores 23, os alumnos e as alumnas do terceiro ciclo fomos de excursión a A Coruña.
Sobre as 8:30, o autobús recolleunos no colexio aos nenos e ás nenas que vivinos no centro do concello de Oia, e aos outros compañeiros e compañeiras, fómolos recollendo polas súas respectivas paradas. A viaxe durou máis ou menos 2h 30min.
O autobús deixounos preto do “MUNCYT” (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía); sacamos algunhas fotos e entramos. Alí, deixamos as mochilas e dividímonos en dous grupos.
Vimos distintas cousas: a parte dianteira dun avión “Boeing 747”, un ordenador, unha locomotora, un dos primeiros coches que se empezaron a facer en serio e robots; tamén fixemos un taller sobre a flotación da auga.
Ao rematar, sobre as 13:30, fomos para a sala de pícnic a xantar.
Posteriormente xogamos nun parque, mentres os profesores comían nun bar ao lado. Cando acabaron visitamos a torre de Hércules .
Sacamos fotos; o profesor Alex contounos información da torre de Hércules e vímola.
Algúns compañeiros mercaron unha pequena torre de Hércules de recordo.
Despois fomos a praza “María Pita”. Alí estaba o enorme concello de A Coruña. Demos un paseo e estivemos algún tempo xogando no parque.
O autobús recolleunos e polo camiño o condutor púxonos a película “ICE AGE 4”.
Á chegada fomos deixando aos compañeiros/as nas súas respectivas paradas.
Esta foi a nosa excursión a A Coruña.
|