Xadrez: substantivo masculino. Xogo no que dúas persoas van movendo dezaseis figuras cada unha sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros segundo unhas regras determinadas. A partida de xadrez remata co xaque mate.
Entre os múltiples beneficios do xadrez atópanse:
Aumenta o coeficiente intelectual.
Mellora o razoamento matemático
Estimula a capacidade de análise e síntese.
Potencia a creatividade e a imaxinación.
Fortalece e entrena a memoria.
Aumenta a comprensión lectora.
Facilita a concentración
E moitos máis!
Sabedes que a nosa biblioteca é unha apaixoada deste xogo, organizando distintos torneos de xadrez en cursos anteriores. Pois ben, como non ía ser menos, proximamante desenvolveranse os primeiros duelos do presente campionato. Comeza a practicar! Estás preparado para chegar á final e gañar o prezado trofeo?
Álbum: CURSO 2022-2023 -> III TORNEO XADREZ BIBLIOIA