En 4º de E.P. atopámonos inmersas na unidade “España e as comunidades autónomas” estreitamente relacionado coa P.D.I. “A volta ao mundo”; xa que estamos dando unha pequena volta ao noso país.
Pero decidimos facelo dunha forma lúdica, posto que xogando todo é máis enriquecedor e motivador. Todas e todos estivemos traballando moito para construír o noso crebacabezas.
A continuación poden observar algún dos marabillosos resultados: