Experimentamos todos os escenarios e modos de lectura posibles e intentámolo cos imposibles, somos así...
Xa limos de forma individual, en parellas, en tríos, en grupo, de forma cooperativa, cada un de forma individual co mesmo libro e tamén de forma colectiva con libros diferentes. Limos comezando o libro polo comezo, polo final ou de forma aleatoria. Limos no patio ao sol, na biblioteca, na clase, no corredor, limos a escuras, limos con lanternas. Que nos quedaba por facer..?
Ler un libro que empregase a luz para descubrir os seus segredos!! Limos este libro que nos deixou totalmente abraiados e abraiadas.
Un libro que nos contaxou tanta maxia que durante esta experiencia non deixaron de surdir preguntas que estamos intentando resolver...
Como se cargan as imaxes coa luz?
Como ten tanto poder a luz?
Como é posible que agora vexamos algo que sempre estivo ahi?
A biblioteca presenta este ano o chamado "Club das letras" unha aposta renovada e 2.0 do tradicional Club de lectura. Pretende un obxectivo máis integral, creativo e motivador desta iniciativa que chegue a máis alumnos.
Coa lectura como telón de fondo e os libros como excusa, de forma voluntaria o alumnado de 6º EP traballa na biblioteca sobre un ámbito que está en auxe, o chamado "lettering" (Caligrafía creativa). Diseños de escritura creativa, títulos en diversos formatos, rebranding de portadas de libros escollidos, búsqueda de titoriais de lettering, lettering de temáticas literarias, desenvolvemento de talleres a alumnado de cursos inferiores...
Unha iniciativa que pretende unha evolución dos tradicionais clubs de lectura, mesturando escritura, cores, caligrafía, debuxo, libros, ilustracións... Unha maravilla de universo das letras!
A lectura colectiva é aquela na que un grupo de alumnos/as e mestres/as viaxamos a través dunha historía común dun mesmo título literario. Isto permítenos compartir un mesmo universo, personaxes, historias...comentando e traballando sobre o libro elixido.
Na biblioteca contamos cun amplo e rico catálogo de exemplares de lectura colectiva que varían en temática, idioma, idade e número de exemplares que a continuación che amosamos: