Skip to Content

ARRABAL

PERSONAXE DA SEMANA, IRIA MISA

 

Despois de ler durante o Nadal o libro de Iria Misa, "A cidade do átomo", convidamos á autora a vir a nosa radio para facerlle unha entrevista, aquí tedes o resultado.

Foi moi divertido!!!

 

 

PRENSA NA ESCOLA

A prensa e o traballo coa información forma parte fundamental de calquera biblioteca. As noticias, reportaxes, entrevistas, crónicas, publicidade, fakenews... son abordadas nas diferentes actividades a través da prensa na escola.

Para isto contamos coa subscripción a tres xornais :

 

Dentro do noso espazo "BIBLIQUIOSCO" podemos atopar unha ampla variadade de revistas de diversas temáticas: motor, animais, ciencia, natureza, debuxos... 

 

Neste panel, situado na entrada do centro, o propio alumnado elabora presentacións desenvolvendo estratexias informativas, publicitarias, dixitais, creativas... sobre asuntos relacionados co centro e a biblioteca como: conmemoracións, recomendacións literarias, musicais, avisos, galerías de imaxes, vídeos, menús, actividades... Poñendo en práctica dunha forma útil e tanxible a importancia dunha boa información e unha boa presentación da mesma.

E por suposto non podía faltar a nosa ferramenta de prensa máis potente: a radio escolar "Radio Arrabal"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut