Skip to Content

COLLEITA DO HORTO DO CEDO

Xa fixemos a colleita do noso "horto do cedo". Entre os nenos e as nenas de 5 anos e de 2º de primaria, estivemos todo inverno coidando das plantas e agora chega o mellor momento...tivemos brecol, acelgas, repolo, coliflor, cebolas, porro, perixel, berza e patatas. Unha maravillosa horta que ben da para un cocido. Dentro de nada volveremos a plantar, estamos feitos uns agricultores e agricultoras de primeira.

 


page | by Dr. Radut