Skip to Content

MERCADIÑO 2013

         
    I I Mercadiño de troco de agasallos       
   

 

Estimadas familias:Nadal

Con motivo da celebración da festividade do Nadal, dende o CEIP Mestre Manuel García queremos animarvos a participar no I I Mercadiño de troco de agasallos, que terá lugar o martes día 17 de Decembro de 2013. Este mercadiño terá como fin que aqueles xoguetes, libros, contos,…dos que as nenas e nenos xa están fartos poidan pasar á mans doutros que os volvan disfrutar dándolle de novo vida aos mesmos.

Trataríase de que o neno/a que o desexe trouxese, entre os dias  12 e 16 de decembro, un xoguete ou libro, para poder intercambialo por outro. O único requisito é que o que se queira trocar se atope en bo estado.

Para trocalos establecerase un sistema de puntos. A cada un dos nenos que traen un xoguete ou libro (ou mais), daráselle 1 punto que lle permitirá o troco con outro dos agasallos que se atopen no mercadiño.

 

 

Esperamos a vosa participación. Grazas

 

 

        

   
         
         
         


page | by Dr. Radut