FIN DA PRIMEIRA PARTE
Rematamos esta primeira parte (1/3) da última aventura dos nenos e nenas de 6º no CEIP Mestre Manuel García. Ao longo deste trimestre aprendimos xogando, coñecemos a nosa contorna e tamén asustamos aos demais compañeiros e compañeiras do centro no túnel do terror en Samaín. E non podemos esquecer a andaina que fixemos ata o mirador e a pequena ruta turística que nos axudou a coñecer o pasado de Oia... vamos que cumplimos o de ser OIAdores e OIAdoras.
Agora, emprendemos rumbo ao segundo e penúltimo trimestre no cole.
Próxima parada: gozar das vacacións de Nadal para voltar con máis enerxía.