CIENCIA - ESPAZO STEM
- INFORMACIÓN |
- biblioteca |
- CIENCIA |
- STEM
O obxectivo fundamental desta liña de actuación encadrada dentro do apartado de Bibliotecas Creativas de BibliOia do CEIP Mestre Manuel García é impulsar o ámbito científico.
Es liña de actuación está composta dunha análise das necesidades, unha proposta de obxectivos concretos, materiais e posibles actividades á desenvolver, que impulsen a calidade na ensinanza da ciencia dende un punto de vista máis práctico e motivador.
A alfabetización científica adaptada ás distintas idades do alumnado e a introdución e aplicación do método científico forman parte do currículo e permítenlles coñecer e entender situacións cotiáns e o mundo que os rodea
Este traballo coa ciencia pode desenvolver no alumnado o razoamento científico e pensamento crítico, fomentando a curiosidade e a investigación aspectos relevantes na súa formación, ademais das distintas competencias clave.
ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
OBXECTIVOS
Os obxectivos principais desta liña de actuación son:
1. Adquirir un fondo de materiais mínimo que o alumnado poida ter como referente para a aproximación ao método científico.
2. Aplicar o método científico nas situacións cotiás e próximas.
3. Comprender as características da ciencia e as súa importancia na sociedade.
4. Fomentar a curiosidade, a observación e a experimentación.
5. Combinar razoamento científico e pensamento crítico.
6. Aprender a traballar en equipo.
7. Aprender os procedementos básicos nun laboratorio ou espazo científico.
8. Aprender a coidar e manter o material ordenado e limpo.
9. Ser e actuar de maneira cada vez máis autónoma, resolvendo situación cotiás con actitude positiva e superando dificultades.
10. Participar de forma activa nas actividades propostas.
11. Iniciarse na práctica real adaptada do método científico para abordar conceptos científicos do currículo.
12. Favorecer no alumnado a necesidade de facerse preguntas e chegar a conclusións a través da investigación coñecendo o por que dos feitos que suceden ao seu redor.
MATERIAIS DO ESPAZO STEM
Entre algúns dos materiais que dismpoñemos no espazo STEM-CIENTÍFICO son:
NORMAS DO EZPAZO STEM
ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN
-
Talleres de coñecemento do material científico.
-
Traballo cos cambios de estado.
-
Efecto do calor sobre líquidos e sólidos.
-
Mesturas e disolucións.
-
Separación de mesturas: tamizado, filtración, ebullición evaporación, decantación...
-
Estudio do solo.
-
Observación dos seres vivos: mofo, células de cebola...
-
Reaccións químicas.
-
Electricidade: uso de xeradores, interruptores, motores, pequenos circuítos...
-
Xogo co magnetismo e imantación.
-
Medidas da masa, volume e densidade (sólidos e líquidos).
-
Talleres de alimentación e ciencia.
-
A descomposición da luz.
-
Taller de reciclaxe de papel.
-
Magnetismo e imantación.
-
Son: teléfono, estetoscopio, viaxe do son...
-
Clasificación dos animais.
-
Experiencias coas plantas.
-
Robótica.
- Realización de maquetas e construccións.
- Etc.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CIENCIA LIÑA ACTUACIÓN.pdf | 427.49 KB |