Skip to Content

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 Xa chegou a primavera e o tempo de plantar...si, rapaces e rapazas no colexio traballamos a agricultura durante todo o ano. Agora tocan as verduriñas de primavera /verán. Ainda que cada semente quere o seu mes para ser plantada, nós planteremos todo xunto con moito mimo para ter unha boa colleita. Empezaremos polas cabazas, tomates, pementos. Unha semana despois as leitugas, acelgas, espinacas.

Que ricas van estar esas ensaladas, cremas e menestras de verduras ou esas verduras pasadas pola grella!!! Por non falar dos sustos que meterán as cabazas no Samaín!!!

Haberá que falar cos periodistas da sección de Masterchefs da semana e que nos busquen unhas receitas riquísimas para os productos da nosa horta.

Rematamos cun refrán da cultura agrícola:

Cava hondo, echa basura y ríete de los libros de agricultura”

Boa colleitaaaa!!!

 

 
 
 


page | by Dr. Radut