Skip to Content

DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

En base á normativa publicada pola Consellería concernente ao desenvolvemento do 3º trimestre,  e trala reunión dos órganos colexiados do centro, comunicamos o seguinte:

  • Dáse por finalizado o curso escolar  de xeito presencial: isto implica que non se impartirá nova materia neste trimestre. A partir o luns 11 de maio as actividades que se farán chegar ao alumnado organizaranse, a criterio do nivel educativo, para repasar organizada e secuencialmente os contidos dados durante o primeiro e o segundo trimestre. As actividades serán de repaso, reforzo e/ou ampliación de aprendizaxes anteriores. Estas actividades intentarán contribuír a axudar ao alumnado que non adquiriu as aprendizaxes e competencias nos dous primeiros trimestres do curso e daqueles que teñan materias suspensas doutros cursos.
  • Avaliación: as probas de avaliación teñen que facerse sobre reforzo e ampliación de contidos e materia impartidos na primeira e segunda avaliación. Pódense avaliar contidos de repaso, reforzo ou ampliación da terceira avaliación.

          Trátase de que a medida de repetición sexa excepcional.

Para calquera dúbida podedes empregar o correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es ou o teléfono 981 292 235.

 

MOITO ÁNIMO!! TODO SAIRÁ BEN!!

TODO SAIRÁ BEN!!

 

Moitas grazas a Sergio por gravar este vídeo!! Dende que comezou o Estado de Alarma está a repartir os menús das bolsas de comedor na nosa escola. Grazas tamén a Graciela e as súas fillas por pintar esa fermosa obra de arte!!

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA!!

Hoxe, 28 de abril de 2020, celébrase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA. O noso colexio ía participar da man dos mestres de Educación Física nesta conmemoración pero haberá que agardar ao vindeiro curso para poder facelo. Mentres tanto PAULO, mestre de Educación Física, quere homenaxear a todos e todas os/as SUPERDEPORTISTAS do María Pita con este fermoso vídeo:

 

 

Na Aula Virtual tedes  recursos para celebrar esta data tan especial!!

DÍA DO LIBRO!!

Onte foi o DÍA DO LIBRO e para conmemorar esta data LAURA, a nosa coordinadora da Biblioteca elaborou este video con todas as achegas das familias e do profesorado. Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

 

NOVAS TAREFAS!!

Prezadas familias,

Agardamos que tanto os nosos/as alumnos/as como as súas familias esteades ben e continuedes con ánimo e ilusión despois de tanto tempo confinados. Todo o persoal do centro  quere transmitirvos os nosos mellores desexos confiando en que pronto podamos volver as nosas rutinas anteriores e vernos novamente!! 

Seguimos á espera dunhas instrucións definitivas da Consellería sobre o desenvolvemento do 3º trimestre. Mentres tanto tedes a vosa disposición, na Aula Virtual, novas tarefas de repaso e/ou reforzo.

Moito ánimo e moita forza!!!!

COMEZO DO 3º TRIMESTRE

Prezadas familias,

Agardamos que esteades ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento. Sabemos que está a ser duro pero tamén sabemos que o estades facendo moi ben e queremos pedirvos que continuedes así, con ánimo, con forza e con moita ilusión!!

Segundo as instrucións enviadas pola Consellería de Educación e o Servizo de Inspección Educativa na tarde de onte, o profesorado programou actividades de repaso ou reforzo para esta semana do 14 ao 17 de abril. Podedes acceder a estas tarefas a través da nosa AULA VIRTUAL  no apartado chamado 3º TRIMESTRE que aparece en cada curso.

 

Moitas grazas a nosa conserxe, Graciela, e as súas fillas por esta preciosa obra de arte!!

TODO SAIRÁ BEN!! #EUQUEDONACASA

QUEDA NA CASA!!! MOITO ÁNIMO!!!

Con este vídeo queremos que saibades que TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP MARÍA PITA ESTÁ CON VÓS!!! MOITO ÁNIMO PARA O NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!!!

 

 

Moitas grazas a Carolina, mestra de PT, e a Malena, mestra de Música.

RETO PARA AS FAMILIAS!!

Prezadas familias,

A mestra de Educación Musical Lara e o seu alumnado de 5º de Primaria  propoñen un reto para todas as nosas familias. Animádevos!!! 

 

 

2ª TAREFAS #EUQUEDONACASA

Prezadas familias,

En primeiro lugar queremos enviarvos un enorme desexo de que todas/os esteades ben.

Publicamos novas tarefas de repaso ou reforzo do segundo trimestre, que non serán avaliables, para o noso alumnado:

Moito ánimo!! Todo sairá ben!!

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Prezadas familias,

 Esperamos e desexamos que todas/os esteades ben.  

  • Queremos informar que, segundo as  instrucións recibidas da Consellería de Educación, haberá informe de resultados da 2ª avaliación cos contidos traballados ata a declaración do estado de alarma (12 de marzo).
  • A publicación das notas desta 2ª avaliación será a través da aplicación Abalar Móbil o venres 03 de abril.
  • O profesorado continuará propoñendo tarefas para o alumnado ata o 3 de abril. Á volta continuaremos publicando novas tarefas.
  • Informamos tamén que este curso NON se realizará a avaliación diagnóstica en 3º nin en 6º de Educación Primaria.

Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!!

 

Desexamos vernos pronto!!    #Euquedonacasa

Distribuir contido


by Dr. Radut