En base á normativa publicada pola Consellería concernente ao desenvolvemento do 3º trimestre, e trala reunión dos órganos colexiados do centro, comunicamos o seguinte:
- Dáse por finalizado o curso escolar de xeito presencial: isto implica que non se impartirá nova materia neste trimestre. A partir o luns 11 de maio as actividades que se farán chegar ao alumnado organizaranse, a criterio do nivel educativo, para repasar organizada e secuencialmente os contidos dados durante o primeiro e o segundo trimestre. As actividades serán de repaso, reforzo e/ou ampliación de aprendizaxes anteriores. Estas actividades intentarán contribuír a axudar ao alumnado que non adquiriu as aprendizaxes e competencias nos dous primeiros trimestres do curso e daqueles que teñan materias suspensas doutros cursos.
- Avaliación: as probas de avaliación teñen que facerse sobre reforzo e ampliación de contidos e materia impartidos na primeira e segunda avaliación. Pódense avaliar contidos de repaso, reforzo ou ampliación da terceira avaliación.
Trátase de que a medida de repetición sexa excepcional.
Para calquera dúbida podedes empregar o correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es ou o teléfono 981 292 235.
MOITO ÁNIMO!! TODO SAIRÁ BEN!!