Comunicamos a todas as familias que esta semana comezará a entrega do material escolar do alumnado. O profesorado comunicará ás familias o día e hora da recollida.
Dada a excepcionalidade das circunstancias nas que nos atopamos é obrigatorio establecer un protocolo de acceso ao centro.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO:
- A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo a unha soa persoa. A recomendación xeral é non acudir con menores salvo excepción xustificada.
- A espera realizarase no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións expostas, xa que se limitará o aforo segundo a chegada.
- Seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (obrigatorio o uso de mascarilla).
- Permanecerase nas instalacións o tempo imprescindible para a recollida do material do alumnado.
As datas para que as familias poidades devolver os libros de texto do Fondo Solidario estableceranse próximamente. Lembrade que esta devolución é obrigatoria para poder percibir a axuda do Fondo Solidario do vindeiro curso 2020-2021.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!