No DOG do martes 19 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso. O prazo está aberto ata o VENRES 19 de XUÑO. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces: FONDO DE LIBROS e CHAVE 365. Tamén pode presentarse na secretaría do centro BAIXO CITA PREVIA no horario de 10:00 a 13:00h.
A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo, para a realización do trámite administrativo, a unha soa persoa.