EMPRESAS E PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR ( 1ª parada aproximadamente ás 08:25h ) |
||
FACAL |
POMBO |
RICO |
1-Fábrica de Armas |
1-Avda. da Pasaxe |
1-Ponte Pasaxe |
2-Pedralonga |
2-Materno |
2-Palavea (bus 22) |
3-Oncolóxico |
3-Praza dos Caídos |
3-Alcampo (bus 1A) |
4-Colexio Eirís |
4-Os Castros |
4-Santa Gema |
|
5-Gral. Sanjurjo 142-144 | |
|
6-A Gaiteira – Citröen |
|
→ Teñen dereito a este servizo todo o alumnado que vive polas zonas do percorrido, tendo en conta que o dereito é preferente para os que están máis lonxe, no caso de que faltasen prazas no bus escolar.
→ Débense dar de alta, neste servizo, no momento de formalizar a matrícula ou ben no momento que o precisen. → Daráselles copia da autorización para entregar á coidadora.
→ É obrigado comunicar en secretaría se vai darse de baixa ou cambiar de parada.
Normas:
- Débese usar con regularidade e deixar constancia escrita cando non se faga unha das viaxes (ida ou volta).
- Débese respectar á coidadora e ao condutor atendendo ás súas instrucións.
- Respectar os lugares asignados pola coidadora, viaxar sempre sentados, poñer o cinto de seguridade e a mochila diante.
- No caso de que non estea na parada a persoa que recolle ao neno ou á nena, e non se localice, o bus volverá ao centro, a onde haberá que vir a recollelo/a.
- Decaerá de dereito a transporte o alumnado que o use discrecionalmente, aínda que avise, as excepcións han de ser mínimas; porque causa moita confusión e problemas de seguridade e responsabilidade que o profesorado non debe nin pode asumir.
→ Das continxencias deste servizo avisarase á dirección do centro.