Skip to Content

Novas

ADMISIÓN ALUMNADO 2021 - 2022

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2021-2022, será do 1 ao 22 de marzo ambos incluídos (o día 19  é un día non lectivo polo que a secretaría do centro permanecerá pechada). A atención ao público será baixo previa cita chamando ao teléfono do centro (Tlfno:981 292 235).

  
 
 

CREACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

O noso alumnado traballou na creación de instrumentos musicais con material de refugallo, mirade que artistas!! Moitas grazas ás mestras de Educación Musical Lara e Malena por esta fermosa inciativa!!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS 2020 - 2021

No DOG do martes 19 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso. O prazo está aberto ata o VENRES 19 de XUÑO. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e CHAVE 365. Tamén pode presentarse na secretaría do centro BAIXO CITA PREVIA no horario de 10:00 a 13:00h.

A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo, para a realización do trámite administrativo, a unha soa persoa.

 

DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

En base á normativa publicada pola Consellería concernente ao desenvolvemento do 3º trimestre,  e trala reunión dos órganos colexiados do centro, comunicamos o seguinte:

  • Dáse por finalizado o curso escolar  de xeito presencial: isto implica que non se impartirá nova materia neste trimestre. A partir o luns 11 de maio as actividades que se farán chegar ao alumnado organizaranse, a criterio do nivel educativo, para repasar organizada e secuencialmente os contidos dados durante o primeiro e o segundo trimestre. As actividades serán de repaso, reforzo e/ou ampliación de aprendizaxes anteriores. Estas actividades intentarán contribuír a axudar ao alumnado que non adquiriu as aprendizaxes e competencias nos dous primeiros trimestres do curso e daqueles que teñan materias suspensas doutros cursos.
  • Avaliación: as probas de avaliación teñen que facerse sobre reforzo e ampliación de contidos e materia impartidos na primeira e segunda avaliación. Pódense avaliar contidos de repaso, reforzo ou ampliación da terceira avaliación.

          Trátase de que a medida de repetición sexa excepcional.

Para calquera dúbida podedes empregar o correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es ou o teléfono 981 292 235.

 

MOITO ÁNIMO!! TODO SAIRÁ BEN!!

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA!!

Hoxe, 28 de abril de 2020, celébrase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA. O noso colexio ía participar da man dos mestres de Educación Física nesta conmemoración pero haberá que agardar ao vindeiro curso para poder facelo. Mentres tanto PAULO, mestre de Educación Física, quere homenaxear a todos e todas os/as SUPERDEPORTISTAS do María Pita con este fermoso vídeo:

 

 

Na Aula Virtual tedes  recursos para celebrar esta data tan especial!!

DÍA DO LIBRO!!

Onte foi o DÍA DO LIBRO e para conmemorar esta data LAURA, a nosa coordinadora da Biblioteca elaborou este video con todas as achegas das familias e do profesorado. Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

 

QUEDA NA CASA!!! MOITO ÁNIMO!!!

Con este vídeo queremos que saibades que TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP MARÍA PITA ESTÁ CON VÓS!!! MOITO ÁNIMO PARA O NOSO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS!!!

 

 

Moitas grazas a Carolina, mestra de PT, e a Malena, mestra de Música.

APERTURA AULA VIRTUAL

Prezadas familias,

A partir do día de hoxe poderedes acceder á  AULA VIRTUAL  da escola premendo no ACCESO DE CONVIDADO:

Neste espazo podedes acceder a actividades dixitais, enlaces web, recursos, pasatempos, etc. Estes contidos, que están organizados por niveis ou áreas de aprendizaxe son un complemento para continuar coa actividade educativa nas vosas casas.

Queremos enviar un saúdo agarimoso ao noso alumnado!! Moito ánimo nenos e nenas e quedade na casa!!!

 

Próximamente publicaranse máis actividades e tarefas curriculares na páxina web do colexio (2ª TAREFAS #EUQUEDONACASA).

 

AVISO IMPORTANTE COVD19

Prezadas familias,

Seguindo instrucións das autoridades educativas, pedimos que comuniquedes ao correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es os casos de afectados polo COVID19 da nosa comunidade educativa, a efectos de poder facer o seu seguimento por parte da Secretaría Xeral Técnica, Xefatura Territorial e Inspección Educativa.

Por favor, comunicade soamente o caso de POSITIVOS do COVID19.

Moitas grazas!!

Agardamos que tod@s esteades ben, é o noso maior desexo!!

Unha aperta forte e quedade na casa!!

PRÓXIMA APERTURA AULA VIRTUAL

Prezadas familias, 

Estamos a traballar na elaboración de contidos dixitais, enlaces, recursos, etc. para que, de xeito extraordinario, poidades empregar para continuar coa actividade educativa nas vosas casas ante a excepcionalidade do momento que estamos a vivir. 

Estes contidos estarán a vosa disposición próximamente  na Aula Virtual da nosa páxina web, organizadas por cursos ou ámbitos de aprendizaxe.

Pregamos comprensión e paciencia dado o grado de dispoñiblidade dos medios dos que dispoñemos nestes días.

Así mesmo queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e calma e a recomendación de que o noso alumnado permaneza nas súas casas. 

Unha aperta

Distribuir contido


by Dr. Radut