A Consellería ven de publicar a Resolución do 12 de abril de 2019 (DOG do 3 de maio de 2019) polo que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/2019.
A avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria terá lugar o MARTES 28 e o MÉRCORES 29 de maio. Esta avaliación ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.