Prezadas familias,
Estamos a traballar na elaboración de contidos dixitais, enlaces, recursos, etc. para que, de xeito extraordinario, poidades empregar para continuar coa actividade educativa nas vosas casas ante a excepcionalidade do momento que estamos a vivir.
Estes contidos estarán a vosa disposición próximamente na Aula Virtual da nosa páxina web, organizadas por cursos ou ámbitos de aprendizaxe.
Pregamos comprensión e paciencia dado o grado de dispoñiblidade dos medios dos que dispoñemos nestes días.
Así mesmo queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e calma e a recomendación de que o noso alumnado permaneza nas súas casas.
Unha aperta