Skip to Content

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O novo horario de atención público sen necesidade de cita previa é o seguinte:

  • De LUNS a VENRES de 10:00 a 13:00h

As dúbidas referidas a trámites e presentación de documentación pódense  consultar telefónicamente.

Tfno.: 981 292 235  EXt.:1

RECOLLIDA DE MATERIAL ACTIVIDADES ANPA XANELA

INFORMACIÓN DA ANPA PARA A RECOLLIDA DE MATERIAS DAS ACTIVIDADES:

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2020 - 2021

Seguindo as instrucións recibidas a consulta da listaxe de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2020-2021 poderá realizarse das seguintes formas:

  • Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
  • Non presencial: a través da aplicación admisiónalumnado.

As solicitudes tramitidas en prazo consideranse:

  • 4º de Educación Infantil: admitidas todas as solicitudes.
  • 6º de Educación Infantil: non resultan admitidas por non existir vacante.
  • 1º de Educación Primaria: admitidas todas as solicitudes.
  • 3º de educación Primaria: admitidas todas as solicitudes.
  • 5º de educación Primaria: non resultan admitidas por non existir vacante.
  • 6º de educación Primaria: admitidas todas as solicitudes.

O prazo de reclamación á listaxe provisonal será de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación.

As solicitudes  fora de prazo serán enviadas á Inspección Educativa para a súa tramitación.

 

BECAS COMEDOR DO CONCELLO 2020-2021

Os certificados de escolaridade necesarios para a tramitación das Becas Comedor do vindeiro curso escolar serán solicitados exclusivamente por vía telemática ou telefónica. No prazo de 24 horas poderán ser recollidos no centro. 

 

CREACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

O noso alumnado traballou na creación de instrumentos musicais con material de refugallo, mirade que artistas!! Moitas grazas ás mestras de Educación Musical Lara e Malena por esta fermosa inciativa!!

 

NORABOA!! SODES UNS CAMPIÓNS, A POLA SEGUINTE FASE!!

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou nesta fermosa iniciativa promovida polas mestras de Lingua de Signos Bea C. e Bea R. Agardamos que vos guste!! A pola seguinte fase!!

 

RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR

Comunicamos a todas as familias que  esta semana comezará a entrega do material escolar do alumnado.  O profesorado  comunicará  ás familias o día e hora da recollida. 

Dada a excepcionalidade das circunstancias nas que nos atopamos é obrigatorio  establecer un protocolo de acceso ao centro.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO:

  • A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo  a unha soa persoa. A recomendación xeral é  non acudir con menores salvo excepción xustificada.
  • A espera realizarase no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións expostas, xa que se limitará o aforo segundo a chegada.
  • Seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (obrigatorio o uso de mascarilla).
  • Permanecerase nas instalacións o tempo imprescindible para a recollida do material do alumnado.

As datas para que as familias poidades devolver os libros de texto do Fondo Solidario estableceranse próximamente. Lembrade que esta devolución é obrigatoria para poder percibir a axuda do Fondo Solidario do vindeiro curso 2020-2021.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS 2020 - 2021

No DOG do martes 19 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso. O prazo está aberto ata o VENRES 19 de XUÑO. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e CHAVE 365. Tamén pode presentarse na secretaría do centro BAIXO CITA PREVIA no horario de 10:00 a 13:00h.

A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo, para a realización do trámite administrativo, a unha soa persoa.

 

LETRAS GALEGAS 2020!!

O vindeiro domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano adícase á figura de Ricardo Carvalho Calero. Durante este curso escolar, toda a comunidade educativa participou nas actividades e iniciativas propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo desta marabillosa participación!! Moitas grazas pola vosa colaboración e moitas grazas a Esteban, Coordinador do EDLG, pola súa excelente labor!!

 

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10:00 a 12:30h na secretaría do colexio.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio (recoméndase entregar a documentación xunto coa solicitude).
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido antes do  9 de xuño.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais nos 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas ata o 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo.

Recoméndase, dada a excepcionalidade da situación e por seguridade, a tramitación online da solicitude, na aplicación admisión alumnado. Para as consultas ou dúbidas deste proceso telemático poderase chamar ao teléfono do centro marcando a extensión 1.

DOCUMENTACIÓN:

Recomendamos entregar a documentación necesaria para a baremación xunto coa solicitude para evitar unha segunda visita ao centro.  De esta documentación deberá achegarse fotocopia xunto co orixinal.

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO:

  1. Solicitude de CITA PREVIA no teléfono 981 292 235, ext.:administración.
  2. A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo para a realización do trámite administrativo a unha soa persoa.
  3. A espera realizarase no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións expostas. Dentro do posible seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (mascarillas e guantes).

INFORMACIÓN IMPORTANTE: O centro abrirá a partir do luns 11, EXCLUSIVAMENTE para atender este proceso de admisión de alumnado e soamente para aquelas persoas que concertaran cita previa. Para o resto de procesos (recollida de materiais, axudas de libros, etc.) o centro segue PECHADO. Para calquera dúbida ou consulta poden continuar empregando o correo electrónico: ceip.maria.pita@edu.xunta.es e o teléfono: 981 292 235.

Distribuir contido


by Dr. Radut