Skip to Content

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10:00 a 12:30h na secretaría do colexio.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio (recoméndase entregar a documentación xunto coa solicitude).
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido antes do  9 de xuño.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais nos 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas ata o 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo.

Recoméndase, dada a excepcionalidade da situación e por seguridade, a tramitación online da solicitude, na aplicación admisión alumnado. Para as consultas ou dúbidas deste proceso telemático poderase chamar ao teléfono do centro marcando a extensión 1.

DOCUMENTACIÓN:

Recomendamos entregar a documentación necesaria para a baremación xunto coa solicitude para evitar unha segunda visita ao centro.  De esta documentación deberá achegarse fotocopia xunto co orixinal.

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO:

  1. Solicitude de CITA PREVIA no teléfono 981 292 235, ext.:administración.
  2. A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo para a realización do trámite administrativo a unha soa persoa.
  3. A espera realizarase no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións expostas. Dentro do posible seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (mascarillas e guantes).

INFORMACIÓN IMPORTANTE: O centro abrirá a partir do luns 11, EXCLUSIVAMENTE para atender este proceso de admisión de alumnado e soamente para aquelas persoas que concertaran cita previa. Para o resto de procesos (recollida de materiais, axudas de libros, etc.) o centro segue PECHADO. Para calquera dúbida ou consulta poden continuar empregando o correo electrónico: ceip.maria.pita@edu.xunta.es e o teléfono: 981 292 235.



paxina | by Dr. Radut