Skip to Content

APERTURA AULA VIRTUAL

Prezadas familias,

A partir do día de hoxe poderedes acceder á  AULA VIRTUAL  da escola premendo no ACCESO DE CONVIDADO:

Neste espazo podedes acceder a actividades dixitais, enlaces web, recursos, pasatempos, etc. Estes contidos, que están organizados por niveis ou áreas de aprendizaxe son un complemento para continuar coa actividade educativa nas vosas casas.

Queremos enviar un saúdo agarimoso ao noso alumnado!! Moito ánimo nenos e nenas e quedade na casa!!!

 

Próximamente publicaranse máis actividades e tarefas curriculares na páxina web do colexio (2ª TAREFAS #EUQUEDONACASA).

 

AVISO IMPORTANTE COVD19

Prezadas familias,

Seguindo instrucións das autoridades educativas, pedimos que comuniquedes ao correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es os casos de afectados polo COVID19 da nosa comunidade educativa, a efectos de poder facer o seu seguimento por parte da Secretaría Xeral Técnica, Xefatura Territorial e Inspección Educativa.

Por favor, comunicade soamente o caso de POSITIVOS do COVID19.

Moitas grazas!!

Agardamos que tod@s esteades ben, é o noso maior desexo!!

Unha aperta forte e quedade na casa!!

PRÓXIMA APERTURA AULA VIRTUAL

Prezadas familias, 

Estamos a traballar na elaboración de contidos dixitais, enlaces, recursos, etc. para que, de xeito extraordinario, poidades empregar para continuar coa actividade educativa nas vosas casas ante a excepcionalidade do momento que estamos a vivir. 

Estes contidos estarán a vosa disposición próximamente  na Aula Virtual da nosa páxina web, organizadas por cursos ou ámbitos de aprendizaxe.

Pregamos comprensión e paciencia dado o grado de dispoñiblidade dos medios dos que dispoñemos nestes días.

Así mesmo queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e calma e a recomendación de que o noso alumnado permaneza nas súas casas. 

Unha aperta

INFORMACIÓN IMPORTANTE ADMISIÓN 2020-2021. CRISE COVID19

Información con respecto ao proceso de admisión:

  • Suspensión de prazos administrativos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. 
  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.

TAREFAS #EUQUEDONACASA

Durante este tempo que estaremos sen asistir ao colexio, o alumnado debe manter un horario na casa para o traballo escolar. É importante non descoidar a lectura, será a gran aliada, pero tampouco podemos esquecer as tarefas concretas de cada materia ou ámbito de traballo. Para iso, o profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria porpón unha serie de actividades e tarefas, co fin de que esta parada non supoña un problema e academos no final de curso os contidos e competencias de cada nivel. Estas tarefas non teñen carácter avaliables senón que supoñen un traballo de reforzo.

Moito ánimo!! #euquedonacasa

AVISO URXENTE!! SUSPENSIÓN ACTIVIDADE LECTIVA

Segundo instrucións recibidas pola xunta de Galicia establécese o PECHE DA ACTIVIDADE DOCENTE E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DENDE O LUNS 16 DE MARZO. No día de mañá, venres 13, É RECOMENDABLE a non asistencia do alumnado ao centro.

 

 

Asdo.

O director

Gutier Pardo Costa

ENTROIDO 2020!!

Este curso escolar estamos a traballar na temática do CINE, así que baixo este proxecto que vertebra este ano o noso centro, desfilamos na "GALA MARÍA PITA ENTROIDO 2020". Podedes ver as fotografías na Galería de Imaxes da nosa páxina web.

 

 

 

VISITA AO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO

O alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o IES RAMÓN OTERO PEDRAYO, que é o instituto adscrito ao noso centro. O recibimento foi marabilloso e resultou unha visita moi proveitosa xa que coñecimos todas as instalacións e puidemos resolver todas as nosas dúbidas.

 

 

Xornadas VIOLETA

Marabillosa Xornada Violeta que tivo como relatora a Montse Vilar Figueirido e  que foi presentada polo director do CFR Coruña Emilio Veiga e que contou coa presencia da asesora Celina Santamaría.

 

Finalistas da VI BECA TDAH FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE-INGADA

Noraboa as nosas compañeiras MÓNICA LÓPEZ VILARIÑO e MAICA MATO LONGARELA por seren finalistas da VI BECA TDAH FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE-INGADA, co seu traballo "Un cambio de mirada: youtubers do María Pita".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut