Skip to Content

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Datas:

  • LUNS 10 de febreiro ás 18:00h
  • LUNS 17 de febreiro ás 16:30h

Deberá facerse reserva de data na secretaría do centro, chamando ao teléfono: 981 292 235 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO

 

Á  ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación, Universiade e Formación Profesional do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

  1. O CEIP María Pita está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.
  2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste Instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de Educación  Primaria non adscritos.
  3. As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Ramón Otero Pedrayo deberán entregar  a súa titora, entre o 1 e o 17 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta (AnexoI da Orde do 12 de marzo de 2013). Tamén pode facer reserva parcial no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, ou de xeito completo en https://sede.xunta.gal/portada.
  4. O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES  da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como Anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería deste Centro.
  5. A reserva no IES Ramón Otero Pedrayp adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz

Este ano sumámonos a actividade proposta dentro do proxecto II Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia coa realización práctica de símbolos pola Paz e a Non Violencia. Este foi o resultado deste día de convivencia e alegría:

 

Felices Festas!!

 

Sempre se chega a algunha parte se se camiña o suficiente.

Lewis Carroll

Alicia no país das marabillas

A comunidade educativa do CEIP María Pita deséxavos unhas FELICES FESTAS!!

CALENDARIO ESCOLAR 2019 - 2020

Calendario escolar do curso 2019 - 2020. Os días non lectivos solicitados polo centro e que están pendentes de aprobación son: 20 de marzo e 4 de maio.

Premendo neste enlace podedes acceder ao calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, Universidade e Foramción Profesional.

NON MÁIS MOLLADURAS!!!

Somos finalistas!!! Pregamos a toda a comunidade educativa do CEIP MARÍA PITA apoiedes esta proposta para a construción dunha cuberta para ao zona de entrada ao colexio: 

https://aportaaberta.coruna.es/budgets/3/investments/2175

Rogamos a máxima difusión!!

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2019-2020 MEC

Achegamos o enlace do Ministerio de Educación  e Formación Profesional (MEC) para cubrir as bolsas 2019 – 2020 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Premendo o enlace pódense comprobar os requisitos (límites de renda e patrimonio e necesidades que cubre), así como o tipo de bolsa e contía da mesma. As persoas que a desexen tramitar terán que informar ao centro antes do día 20 do presente mes, xa que dende a escola é preciso achegar un informe individual.

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

APOIOS PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA CUBERTA PARA A ENTRADA AO COLEXIO

Pregamos a toda a comunidade educativa do CEIP MARÍA PITA apoiedes esta proposta para a construción dunha cuberta para ao zona de entrada ao colexio: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/3/investments/2175

Rogamos a máxima difusión! Lembrade que a proposta máis votada será a obra que o Concello leve a cabo.

Distribuir contido


by Dr. Radut