Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO

 

Á  ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación, Universiade e Formación Profesional do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

  1. O CEIP María Pita está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.
  2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste Instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de Educación  Primaria non adscritos.
  3. As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Ramón Otero Pedrayo deberán entregar  a súa titora, entre o 1 e o 17 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta (AnexoI da Orde do 12 de marzo de 2013). Tamén pode facer reserva parcial no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, ou de xeito completo en https://sede.xunta.gal/portada.
  4. O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES  da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como Anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería deste Centro.
  5. A reserva no IES Ramón Otero Pedrayp adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

AdxuntoTamaño
ANEXO I RESERVA.pdf1.04 MB


paxina | by Dr. Radut