Achegamos o enlace do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEC) para cubrir as bolsas 2019 – 2020 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Premendo o enlace pódense comprobar os requisitos (límites de renda e patrimonio e necesidades que cubre), así como o tipo de bolsa e contía da mesma. As persoas que a desexen tramitar terán que informar ao centro antes do día 20 do presente mes, xa que dende a escola é preciso achegar un informe individual.