Prezadas familias,
Esperamos e desexamos que todas/os esteades ben.
- Queremos informar que, segundo as instrucións recibidas da Consellería de Educación, haberá informe de resultados da 2ª avaliación cos contidos traballados ata a declaración do estado de alarma (12 de marzo).
- A publicación das notas desta 2ª avaliación será a través da aplicación Abalar Móbil o venres 03 de abril.
- O profesorado continuará propoñendo tarefas para o alumnado ata o 3 de abril. Á volta continuaremos publicando novas tarefas.
- Informamos tamén que este curso NON se realizará a avaliación diagnóstica en 3º nin en 6º de Educación Primaria.
Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!!
Desexamos vernos pronto!! #Euquedonacasa