Prezadas familias,
Agardamos que tanto os nosos/as alumnos/as como as súas familias esteades ben e continuedes con ánimo e ilusión despois de tanto tempo confinados. Todo o persoal do centro quere transmitirvos os nosos mellores desexos confiando en que pronto podamos volver as nosas rutinas anteriores e vernos novamente!!
Seguimos á espera dunhas instrucións definitivas da Consellería sobre o desenvolvemento do 3º trimestre. Mentres tanto tedes a vosa disposición, na Aula Virtual, novas tarefas de repaso e/ou reforzo.
Moito ánimo e moita forza!!!!