O noso cole participou, no mes de febreiro, na segunda fase do programa "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Consellería do Mar. Viaxamos ata a Vila de Baiona, na provincia de Pontevedra, na que, grazas aos monitores e monitoras da organización, visitamos:
- Casa da Navegación de Baiona, a cal alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Vila de Baiona, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou o seu porto na historia da navegación atlántica.
- Estación Marítima América, na que nos amosaron os diferentes aparellos de pesca.
- Lonxa de Baiona, na que puidemos observar como se poxa pola peixe que entra na lonxa de Baiona.
- Praza de abastos de Baiona, na que nos amosaron os diferentes postos de venta de peixe fresco, el salmoira e en conserva. Para rematar nun magnífico xantar de produtos do mar: croquetas, pizza mariñeira e iogurt.
- Parque A Palma, antes de regresar a Ourense puidemos gozar das instalación do parque de A Palma na que os nenos e nenas do CEIP Manuel Sueiro o pasaron en grande.
Agardamos regresar para poder seguir coñecendo esta magnífica vila como é Baiona.