Os nenos e nenas de cuarto e quinto de Educación Infantil fixeron un proxecto sobre Vincent Van Gogh, facendo actividades ao longo de todo o curso. Resultou moi bonito e con moito colorido adaptándose moi ben a súa idade e os dous niveis da aula.
- No primeiro trimestre falamos de quen era este pintor, vimos láminas e coñecemos un pouco da súa vida e obra consultando un libro da biblioteca “Me llamo Vinent Van Gogh” de editorial Parramón.
- Decoramos a porta da clase cun mural feito con retratos de Vincent Van Gogh e estampados de flores de cor azul inspirado no cadro dos lirios, resultando moi vistoso no que colaboraron todos estampando cada un varias flores.
- Sobre un retrato ampliado do pintor eles punteárono con rotuladores de distintos cores quedando moi vistoso.
- No segundo trimestre axudaron a confeccionar o disfrace de Xirasol inspirado no cadro dos xirasoles de Van Gogh. Os nenos e nenas colaboraron recortando os pétalos, pegando..etc
- No terceiro trimestre estamparon, cada neno/a, sobre a súa cartolina flores azuis para facer unha composición inspirada no cadro "Los lirios".
- Por último envolveron o regalo do día da nai cun lirio estampado no papel de regalo.