O alumnado de 2º de Ed. Primaria realizou unha visita guiada á biblioteca municipal do barrio de A Ponte. Para chegar ata as instalación da biblioteca realizamos unha andaina pola beira do río Miño disfrutando dunha paisaxe espectacular que moitos de nos non coñeciamos.
Unha vez que chegamos á biblioteca, a encargada da mesma, recibiunos e explicounos todos os servizos que ofertan ao público. Asemade, comentounos todas as seccións que se poden atopar na mesma e as actividades de animación á lectura que realizan co lectores na nosa idade.
Unha vez coñecidas as súas instalacións, realizamos un contacontos onde os protagonistas do mesmo foron tres alumnos do cole. Estes, contáronos unha versión moi peculiar dunha historia do Libro das 1001 noites "Aladino e a lámpada marabillosa".
Ao rematar o conto, démoslle cor, en acetato con cores permanentes, ás personaxes desta historia.
Na viaxe de regreso ao noso colexio fixemos unha parada para descansar no parque de xogos do Parque Miño... pasámolo xenial!!