A MIÑA AMIGA INVISIBLE

AMIGA

O Club de Lectura de 4º de EP do CEIP Manuel Sueiro realizou un novo concurso de animación á Lectura inspirado no libro “ A miña amiga invisible “de Eduardo Santiago.

Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.

Durante a realización do concurso, animouse aos lectores a expresar a súa comprensión e valoración do libro. Para o desenvolvemento do concurso, realizamos catro equipos dentro da aula que traballaron de xeito cooperativo para ser quen de responder ás preguntas que o bombo da lotería lles ía adxudicando de forma aleatoria.

O concurso ofreceulles, a todos, un agasallo pola súa participación; ao equipo gañador, ademais, un exemplar do próximo libro a traballar no club de lectura. Recibiron estes agasallos para fomentar a participación e recoñecer o seu esforzo.

amiga_fotos