A Educación na saúde dos ourensás é a preocupación constante da Concellería de Educación, que conta coa colaboración da fundación SHE que preside o prestixioso cardiólogo Valentín Fuster.
Un dos nosos obxectivos é darlle continuidade ao seu proxecto Saúde Integral SI! apostando por unha alimentación saudable, para que os nosos nenos/as adquiran bos hábitos desde as aulas, que leven ás súas casas, e que lles axuden a estar mais sans no futuro.
Como é imprescindible coñecer os problemas para comprendelos e darlles solucións, este programa complementarémolo cunha proposta coa que pretendemos que os nenos/as, ademais de descubrir os beneficios das froitas, gócenas nos seus distintos sabores e composicións para que sexan conscientes de que na variedade está a salubridade.
Dita proposta deriva nunha campaña de reparto de froita aos centros, o que nos permitirá ir un pouco máis alá nos obxectivos plantexados: promover eses bos hábitos mediante a información e a educación á poboación infantil.
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa na Campaña de crecemento saudable organizada pola Concellería de Educación de Ourense repartindo, este venres 24 de novembro de 2023, entre o alumnado froitas de tempada como son os plátanos, manzá e mandarinas.