Hora de ler en 3º de Ed. primaria

No curso escolar 2022/2023, a hora de ler, no 3º curso de Primaria , realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez , centrándose nos seguintes obxectivos.

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...) .
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre os distintos tipos de texto.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Participación no CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA que tiveron lugar ao remate da lectura de cada un dos libros elixidos a tal efecto.

Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • NO CORAZÓN DO BOSQUE de Agustín Fernández Paz.

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das bonecas.
Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • DESDE O CORAZÓN DA MAZÁ  de Xoan Farias.

O libro é unha colección de textos escritos por un neno ao longo dun verán que lle mandou elaborar o mestre como tarefa. Un delicioso mosaico formado por pequenas teselas que, todas xuntas e cada unha por separado, son exquisitas.

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • SIETE REPORTEROS Y UN PERIÓDICO  de Pilar Lozano Carbayo.

Alejandro, un rapaz de once años, quere  dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha...
Unha historia sobre a forza de vontade e a superación de dificultades.

Ademais dos libros mencionados , que serviron como base para os distintos CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA, traballamos con diferentes textos como CONTOS,  LENDAS, FÁBULAS e achegámonos ao mundo do CÓMIC, realizando cada alumna e alumno as súas  propias viñetas. Un curso máis tamén realizamos a FORMACIÓN DE USUARIOS  para un mellor uso do material da biblioteca e un mellor aproveitamento dos devanditos recursos.